Presentada a cuarta Guía DXT Galego para acadar unha volta á competición cen por cen segura

05 Xaneiro 2021

A Xunta de Galicia publicou o cuarto número das Guías DXT Galego baixo o lema Volvendo con sentidiño. O manual xa chegou a tódolos clubs e federacións deportivas de Galicia e poderá ser consultado por calquera persoa interesada na páxina web do Deporte Galego.

Por un lado, a Xunta pretende “achegarse do modo máis seguro posible á volta á competición de nenos, mozos e amateurs”. A guía expón orientacións, suxestións e algúns instrumentos que poden servir para que os educadores e adestradores poidan optimizar a reactivación da competición con seguridade sanitaria. Entre estas medidas, ademais das xa coñecidas (distancia de seguridade, máscara e mans desinfectadas), pódese estimar o grao de exposición ao risco (baixo, medio ou alto) de cada tarefa, para axustar e vixiar con maior precisión a práctica real. Deste xeito, sinala o Goberno galego, acádase “gran motivación, reforzo e recompensa para o deportista”, o que aínda potenciarase máis cando a práctica inclúa xa a propia actividade deportiva.

Esta guía, desenvolvida por expertos das tres universidades galegas en colaboración con especialistas de outras universidades españolas e europeas, é a cuarta dunha serie que completa o documento único que contribuirá a reactivar os adestramentos e competicións dos deportes. A primeira delas trata as Recomendacións para a aceleración da reactivación e readaptación técnico/táctica do deportista para a súa motivación e progresiva para as esixencias da competición. A segunda, sobre Recomendacións para a aceleración da reactivación e readaptación técnico/táctica do deportista para a súa motivación e achegamento progresivo ás esixencias do partido. E a terceira trata a Aceleración da reactivación e readaptación técnico táctica do deportista para motivalo e achegalo progresivamente ás demandas da loita, combate, etc.

Por último, o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa destacou o comportamento “escrupuloso” durante os tres meses que tivo a vixencia o estado de alarma en Galicia e que “a Xunta entende que neste momento, garantir a seguridade e a saúde da nosa poboación tamén pasa por recuperar a actividade deportiva”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...