As Súas Maxestades de Oriente visitaron as aldeas de Dodro

05 Xaneiro 2021

As Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente e o Concello de Dodro traballaron este martes conxuntamente para realizar unha visita segura e controlada a todas as nenas e nenos do termo municipal. En total, visitaron por vez primeira as 24 aldeas de Dodro, achegando ilusión e alegría a nenas, nenos e maiores. Os Reis, que cumpriron con todas as normas anti-COVID, agardarán até a noite pecha para repartir os agasallos polas aldeas de Dodro.

Durante o percorrido, no que participaron tres vehículos do Concello e dúas unidades móbiles de Protección Civil, a xente participou gardando as distancias e saíndo ás portas da súas casas. A caravana dos magos non parou nin tivo contacto cos pequenos e pequenas.

A Caravana dos Magos foi organizada polas Concellerías de Cultura e Patrimonio, e Xuventude e Igualdade do Concello de Dodro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...