Os populares da provincia propoñen un fondo de cooperación para o rescate do sector hostaleiro

26 Xaneiro 2021

O grupo do Partido Popular na Deputación de A Coruña levará ao pleno que se celebrará este venres unha moción na que reclama ao Goberno provincial o seu compromiso, xunto co resto de administracións públicas de Galicia, para a creación dun Fondo de Cooperación Galego COVID-19, co obxectivo, segundo especifican os populares, de “rescatar ao sector hostaleiro de toda a comunidade autónoma e, en concreto, ao da provincia da Coruña”.

Dende o grupo popular subliñan que “a hostalería é un dos sectores nos que maior impacto teñen as restricións sanitarias implantadas para a contención da pandemia da COVID-19”, e recordan que é “un sector que abrangue a preto de 20.700 establecementos en Galicia, a maior parte pequenas e medianas empresas que son fonte de subsistencia de moitas familias galegas”. Por este motivo, esixen unha resposta institucional “contundente e integral” por parte das distintas administracións públicas (Goberno central, Xunta de Galicia, deputacións e concellos) que “contribúa a apoiar a supervivencia dos establecementos”.

Segundo apuntou o viceportavoz popular, Evaristo Ben, “o momento actual que estamos a vivir demanda levar a cabo máis medidas e considerando que as achegas nos vindeiros meses deberán continuarse dada a evolución da situación sanitaria, temos a convicción de que é necesario a creación do Fondo de Cooperación COVID-19, seguindo o modelo que xa se implantou na comunidade autónoma de Valencia”. Ben engadiu que neste fondo a Xunta de Galicia achegaría o 50% da contía económica, a Deputación da Coruña o 30% e os concellos o 20% restante.

Outros artigos

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.