O PSOE de Noia pide arranxar as beirarrúas e o parque infantil do Obre

18 Xaneiro 2021

Os socialistas de Noia veñen de presentar unha moción para mellorar a seguridade viaria e as zonas de ocio no lugar do Obre. Segundo lembran na proposta que será debatida no pleno deste mes de xaneiro, están pendentes de reparación unha serie de desperfectos no parque infantil da dita parroquia e máis nas beirarrúas deste núcleo de poboación, deterioros estes últimos que foron rexistrados tres días antes das eleccións municipais, segundo advirten os socialistas, que denuncian que “aínda están sen preparar dende aquela”.

Segundo indica a agrupación, as beirarrúas pendentes de arranxo estarían situadas ao longo da estrada AC-550. As súas eivas son tan importantes, informan, “que impiden circular carriños ou cadeiras de rodas, co prexuízo que supón para os habitantes deste lugar”.

O voceiro da formación Roberto Iglesias, residente na zona, indica que “non se comprende que, por orde do equipo de Goberno, rompesen as baldosas das beirarrúas situadas no cruce de Catro Camiños 3 días antes das eleccións municipais, coa única intención de aparcar a maquinaria e uns tubos diante do colexio electoral o día das votacións, pero dende ese día non volveron a traballar na zona”, o que considera o voceiro como “unha tentativa de enganar aos veciños, co malestar que produce a estas alturas, ao levar case 2 anos impracticábeis”.

Asemade, a formación faise eco da petición de moitas familias con rapaces pequenos que viven no Obre, e solicita a reparación ou substitución dos elementos do parque infantil situado no Campo da Festa, que “pola falla de mantemento están perigosos actualmente”. Tamén critican a disposición das marquesiñas nas paradas de autobús aos dous lados da vía: “Actualmente en varias paradas só hai marquesiña nunha beira”.

Outros artigos

A Banda de Noia abre as portas a un novo curso

Xa está aberto o prazo de matrícula na Escola de Música da Banda de Noia para o curso 2026/27, en palabras do Concello "unha oportunidade para aprender, gozar da música e formar parte dunha entidade que leva xeracións poñendo banda sonora á nosa vila". Haberá...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Apuntes en septiembre”. Mario Clavell

“Apuntes en septiembre”. Mario Clavell

Vine al calor de mi ciudad mediterránea y hago un resumen de la Compostela que acabo de dejar. Dejo la torre Berenguela andamianada para que la maquillen. Me dura la emoción cósmica del eclipse del 12 agosto. El Obradoiro en estremeció en esa hora de...

“A arte de non morrer”. Xosé González Martínez

“A arte de non morrer”. Xosé González Martínez

O ensaio escrito polo médico Roberto Fernández Álvarez, “Arte de non morrer.Antropoloxía da lonxevidade galega” recibíu Premio Ramón Piñeiro, moi merecidamenteporque é un estudo denso con abondosos datos e atinadas interpretacións científicas.O seu autor afonda nas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.