O Plan Único 2021 destinará 8,3 millóns de euros aos Concellos do Barbanza

18 Xaneiro 2021

A Deputación da Coruña ven de presentar o Plan Único 2021, que dotará á comarca do Barbanza de 8,3 millóns de euros. Os Concellos teñen ata o 5 de febreiro para formular as súas solicitudes dos proxectos nos que queren investir os fondos dispoñíbeis.

O Plan Único provincial presenta este ano un enfoque máis social ca ampliación do orzamento destinado para financiar o aumento do gasto social dos concellos debido á pandemia da COVID-19.

As cantidades percibidas por cada Concello varían segundo os plans de cada un, deste xeito Ribeira e Boiro son os Concellos que máis axuda recibirán un total de 1.596.008,88 € e 1.217.599,07 € respectivamente. Detrás deles aparece Porto do Son que recibirá 694.475,19 €, Outes con 656.113,70 €, e Rianxo cun total de 634.172,93 €. Os concellos que se verán menos favorecidos polo Plan Único son: Muros con 597.329,77 €, Noia con 563.171,85 €, Lousame con 540.977,53 € e A Pobra con 432.450,68 € .

Dende o 2017, o Plan Único converteuse nunha ferramenta imprescindible para o mantemento de numerosos servizos básicos municipais. Neste 2021, por mor da pandemia, adáptase á difícil situación e incrementa o seu orzamento en 17,4 millóns para favorecer a reactivación económica dos concellos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.