O Fondo de Compensación Ambiental repartiu 658.000 euros en 13 proxectos na comarca de Barbanza

08 Xaneiro 2021

O delegado da Xunta da Coruña, Gonzalo Trenor, comunicou onte que o Fondo de Compensación Ambiental repartiu máis de 650.000 euros en 13 proxectos na comarca de Barbanza. Os Concellos favorecidos foron Boiro, Lousame, Muros, Outes, Pobra do Caramiñal, Porto do Son, Ribeira e Rianxo, aínda que tamén se incluíron os municipios de Carnota e Mazaricos.

A convocatoria deste ano contou cun presuposto total de 12,5 millóns de euros. Así, o Goberno Galego financiou actuacións nos concellos que estiveron dirixidas ao incremento e a eficacia no aproveitamento dos recursos enerxéticos renovábeis, á sustentabilidade, á biodiversidade e ó uso recreativo e educativo dos recursos de Galicia.

Trenor sinalou que “estas axudas foron posíbeis grazas a aprobación en 2009 da lei pola que se regulou o aproveitamento eólico en Galicia e creouse o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, xa que anteriormente os concellos non percibían nada polos muíños de produción de enerxía eléctrica instalados no seu territorio”.

Como exemplo das actuacións levabas a cabo polo Fondo de Composición Ambiental, pódense mencionar as actividades realizadas no municipio de Mazaricos, no que se inverteron máis de 197.000 euros.

Outros artigos

Ribeira prepara xa a III Milla do Día da Hispanidade

O Concello de Ribeira colabora coa Escola de Boxeo El Canario no desenvolvemento da III Milla Día da Hispanidade que se celebra o vindeiro luns 12 de outubro con saída ás 11.00 horas, dende o Malecón. Á presentación asistiron o concelleiro de Deportes, Álex Vidal, e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.