O Concello de Boiro reparte 15 novos composteiros

14 Xaneiro 2021

O Concello de Boiro entrega 15 novos composteiros para o plan de compostaxe doméstica que realiza xunto con SOGAMA e co que se pretende estender as prácticas de autocompostaxe nas vivendas do municipio, reducir residuos orgánicos e lograr unha xestión máis sustentábel.

Xa no mes de decembro, o Concello repartira 30 composteiros en vivendas unifamiliares do municipio, pero debido a que a demanda foi superior, solicitáronse máis. Así, se entregan os novos composteiros e suprímese a lista de agarda que había ata entón para participar no programa.

O Goberno local pretende seguir achegando este programa de compostaxe ao maior número de vivendas unifamiliares do municipio. De feito, esta iniciativa ponse en marcha por segundo ano consecutivo.

Cabe mencionar que as persoas que participan no programa reciben a formación necesaria para o uso do composteiro e, durante un ano, teñen un seguimento do mesmo. O Concello confirmou que os resultados do primeiro ano foron moi positivos, xa que se logrou un aforro na xestión de entre 600 e 800 litros de desperdicio por familia ao ano.

Todas as persoas que desexen participar no proxecto poden poñerse en contacto co departamento de Medio Ambiente, co fin de crear unha listaxe de agarda e poder facilitar cada vez a máis vivendas dos medios para implementar a compostaxe.

Outros artigos

O Ciclo Mestre Mateo leva Sirāt a Boiro, este domingo no Centro Social

Proseguen en Boiro as proxeccións do Ciclo de Cine Mestre Mateo. Este domingo 25 chegará unha nova cita co mellor cinema galego da man do director Oliver Laxe e o seu último filme Sirāt. Será ás 19.00 horas no Centro Social de Boiro. Sirāt é un filme dramático e de...

+

En Boiro, aprobados os 954.642 euros do POS+ adicional da Deputación

A Corporación do Concello de Boiro celebrou este xoves 22 de outubro o seu novo pleno ordinario, unha sesión que se puido verse novamente a través da canle municipal de Youtube e que saldou, entre outros, coa aprobación definitiva do POS+ adicional da Deputación da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.