O BNG pide no Parlamento fortalecer o servizo de pediatría do Centro de Saúde da Pobra

13 Xaneiro 2021

O grupo parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), a iniciativa das deputadas Rosana Pérez Fernández, Montserrat Prado Cores e Olalla Rodil Fernández, presentou unha proposición non de lei, para o seu debate en pleno, relativa á falla de pediatra no Centro de Saúde da Pobra do Caramiñal. Segundo explican, a proposición ten a súa orixe nas eivas actuais da atención hospitalaria e a atención primaria no conxunto do territorio, “unha política de recortes promovida polo Goberno galego que está a provocar un deterioro progresivo do sistema sanitario público”.

Ao abeiro deste proceso, engaden, a asistencia pediátrica é “un dos servizos que está a sufrir con maior virulencia esta situación de recortes”, o que se traduce en “masificación nas consultas e con moita poboación infantil que non é atendida por especialistas en pediatría, o que tamén empeora a calidade asistencial”. Este e non outro, din, é o caso do Centro de Saúde da Pobra, onde as eivas que veñen de atrás “víronse agravadas pola pandemia”, explican as deputadas.

Segundo engaden, as familias da localidade do Barbanza vense obrigadas a prescindir do único profesional en pediatría do que dispón o centro de saúde, “cunha cota moi superior (máis de 1.300 nenos e nenas) ao que é recomendábel”, e cunha consulta unicamente operativa en horario de mañá que non obtén substitución en vacacións, permisos ou baixa laboral, “o que obriga ás familias a desprazarse para ser atendidas por un pediatra doutra localidade ou a ser atendidas por unha ou un médico de familia”, engaden as deputadas.

Por todo o exposto, o BNG presenta a seguinte proposición non de lei para debate en pleno:

“O Parlamento galego insta a Xunta de Galiza a manter en calquera caso o servizo de pediatría no Centro de Saúde da Pobra do Caramiñal, a cubrir todas as ausencias que se produzan no servizo e a reforzalo dotándoo dun/ha pediatra en horario de tarde”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El anfiteatro de un pícaro”. José Castro López

“El anfiteatro de un pícaro”. José Castro López

Guardo en una carpeta noticias tan extrañas y sorprendentes que no serían creíbles comoverdaderas si no aparecieran publicadas en periódicos serios. Bueno, pues hace unosdías incorporé a ese peculiar archivo la historia de Franco Malosso, un ciudadano de lasiempre...

“Saúde pública en Europea” – José Manuel Pena

“Saúde pública en Europea” – José Manuel Pena

O beber demasiado alcol, o fumar, o non facer exercicio, o abusar das drogas ou o comer alimentos que nos fan dano, son algunhas das ameazas para a nosa saúde que provén do modo e o estilo de vida de cada un de nós. Resulta extraordinariamente preocupante de que o...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.