Nove novas vítimas soben a 1.454 os mortos por COVID. Dous no CHUS

10 Xaneiro 2021

Outras nove persoas diagnosticadas con coronavirus faleceron en Galicia nas últimas horas, o que eleva o cómputo de vítimas da pandemia na Comunidade galega a 1.454.

En concreto, segundo trasladou a Consellería de Sanidade este domingo trátase de dúas mulleres e sete homes que permanecían ingresados en distintos hospitais da comunidade. Ningún deles estaba vinculado con residencias e todos tiñan patoloxías previas.

No CHUS de Santiago morreron dous homes de 85 e 61 anos.

Dúas mulleres faleceron no Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol, onde faleceron dúas mulleres de 88 e 76 anos, respectivamente.

Tamén houbo dúas vítimas mortais no CHUVI de Vigo, outros dous homes, neste caso, de 83 e 67 anos de idade.

Os tres falecidos restantes producíronse no Hospital Comarcal da Mariña (un home de 80 anos), no CHUO de Ourense (home de 72 anos) e no CHOP de Pontevedra (outro home de 74 anos de idade).

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.