No Son pechan as instalacións deportivas e culturais

27 Xaneiro 2021

O Concello de Porto do Son anunciou que ante as novas restricións anti-COVID que entran en vigor a nivel galego este 27 de xaneiro, todas as instalacións deportivas e culturais do termo municipal van ficar pechadas e sen actividade “até que a situación permita a súa reapertura”. No caso concreto do Complexo Deportivo da Piscina Municipal, faise saber que tendo en conta o devandito peche derivado das novas restricións, as cotas de abonadas e abonados quedarán conxeladas e non se van emitir cargos até que os centros deportivos e culturais poidan abrir novamente e retomar a súa actividade.

Ás usuarias e usuarios do complexo deportivo da Piscina Municipal comunicáselles que non será preciso que fagan trámite algún en relación coas cotas mensuais, xa que os cobros das mesmas paralízanse de xeito automático.

Outros artigos

O 20 de xuño celébrase a II Andaina Nocturna de Nebra

Volve a Andaina Nocturna de Nebra, logo de éxito de participación do ano pasado, e faino cunha segunda edición programada para o sábado 20 de xuño a partir das 22.00 horas (recepción) na Casa Veciñal de Nebra (campo da festa) e cun prezo de oito euros de inscrición....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...