No Son financiaranse gastos sociais e extraordinarios derivados da COVID-19

O Concello de Porto do Son debatera este venres nun pleno extraordinario a distribución da partida do Plan Único da Deputación da Coruña, co que pretende financiar os gastos sociais e extraordinarios derivados da COVID-19.

A concelleira de Benestar Social, Magdalena Pérez, sinalou que “dos 162.801 euros dispoñíbeis para eses servizos, máis de 62.000 euros serán destinados ao reforzo de persoal adscrito aos servizos sociais, co fin de apoiar aos equipos actuais e facilitar a transmisión urxente de prestacións obxecto deste plan”. Así, contratarase a un traballador ou traballadora social e un educador/a.

Doutra banda, aproximadamente 60.000 euros serán reservados para axudas a familias que faciliten a escolarización e os materiais informáticos necesarios. Os 40.000 euros restantes, estarán dedicados ao servizo de axuda a domicilio na modalidade de dependencia, xa que en Porto do Son das 69 persoas dependentes, 92 benefícianse desta axuda.

Dende Servizos Sociais isto supón algo de esperanza, xa que están soportando moito peso e a súa labor incrementou coa pandemia.