“Malpica á ruína, da man de Portos de Galicia”. Antón Luaces

16 Xaneiro 2021

Sen ningunha xustificación que acredite a decisión, Portos e Galicia -órgano público dependente da Consellería do Mar- ven de comunicar oficialmente o peche inmediato do vial que conecta ambas marxes da dársena portuaria desta localidade da Costa da Morte. Ao mesmo tempo prohíbe o acceso ás instalacións do porto de xeito permanente e irrevocable a todo tipo de vehículos. Son decisións que, a xuizo dos responsables da Confraría de Pescadoresm significarán un “duro golpe” para cantos proxectos de investimento e transportes de mercadorías da lonxa tiñamos deseñados”, por canto obriga a todo o transporte pesado que utiliza as devanditas instalacións para as que tamén se realizaran xa plans de futuro a levar a cabo de inmediato. “Todo se esfuma nun instante”, sinalan no pósito malpicán, por canto a totalidade de compradores que uqeren manter aquí a súa actividade van verse na pobriga de utilizar vehículos máis pequenos e lixeiros, feito que ocasiona grandes gastos que triplican os actuais. Obrigarán, amáis, ao desprazamento a outros portos mçais asequibles e rentables para a súa actividade económica.

O pósito malpicán arrastra dende vai anos unha enorme débeda con Portos de Galicia: máis de 400.000 euros que, a día de hoxe, acadaron reducir ós 190.000 cumprindo cos prazos de pagamento acordados. continua a redución da débeda e aboar as taxas xeradas actuais en tempo e forma, amáis de estaren ao corrente de pagamento coas demáis administracións públicas. 

Dende o ano 2014 e coa nova directiva, o pósito de Malpica ingrespu ás arcas de Portos de Galicia mediante taxas G.4e, CIS, E.2 e E.3 -e outrasrelativas ao porto local- perto dun millón de euros. A de Malpica é unha das poucas lonxas que incrementaron as vendas e desembarcaron produtos pesqueiros, malia a brusca caída de prezos xerada pola pandemia do coronavirus.

As medidas que impón agora Portos de Galicia traen graves perdas  para o pósito, o mesmo que aos asociados e os compradores diariamente. No caso de alongarse no tempo esta situación-como semella  vai acontecer- podería levar á perda das vendas do cerco por ser o de Malpica único porto de acceso polo que poden manobrar os trailer de gran tonelaxe. 

No pósito pregúntanse polo motivo destas decisións e quen se vai facer cargodas importantísimas perdas económicas xeradas e os postos de traballo perdidos tanto a curto como a longo prazo, así como canto de vai dilatar no tempo atopar unha solución inmediata ao problema do citado vial para que non se produza a ruína  e que fracase todo o futuro deseñado pola Confraría de Pescadores de Malpica, titular das instalcións máis rendibles da localidade, como poden ser a lonxa e a fábrica de xeo. Ninguén en Malpica se explica cómo a Xunta de Galicia pode asumir un golpe tan baixo a un pobo no que o partido que goberna Galicia dende vai tantos anos sempre tivo un importante caladoiro de votos.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...