JEALSA inaugura no Polígono de Espiñeira unha nova planta frigorífica cen por cen sustentábel

15 Xaneiro 2021
O equipo directivo da conserveira de Boiro diante das novas dependencias

A conserveira JEALSA comezou o ano con novidades importantes en materia de sustentabilidade e innovación. Se os días pasados dos seus logros recentes en economía circular, a compañía boirense anunciou este venres 15 de xaneiro a posta en marcha dunha nova planta frigorífica con capacidade para almacenar 13.000 toneladas de peixe.

Está emprazada no Polígono de Espiñeira, en Boiro, e forma para do plan de investimentos que a empresa ten previsto realizar para a mellora innovadora dos seus procesos. En última instancia, o obxectivo é seguir reducindo consumo enerxético e optimizar a capacidade produtiva das súas plantas (en 2020 JEALSA foi quen de acadar a neutralidade de emisións de CO2 nas dependencias de seu).

Cristóbal Valdés, director xeral de JEALSA, na súa visita á nova planta frigorífica

A conserveira explicou que o novo inmóbel requiriu un investimento de 7.000.000 euros. En materia máis técnica, conta con catro cámaras preparadas para albergar 13.000 Tn de peixe e, tamén, coas máis avanzadas tecnoloxías de eficiencia térmica, seguridade e protección contra o lume ou escapes de amoníaco. Ao fío disto, incorpora paneis HURRE de última xeración, que “ofrecen as mellores prestacións de entre todos os sistemas de paneis illantes de celas pechadas do mercado”, explicaron fontes de JEALSA.

As novas instalacións abéiranse ao compromiso da compañía coa sustentabilidade, enmarcado dentro do seu programa de RSC We Sea, de aí que todos os materiais da nova construción sexan respectuosos co medio ambiente, informou a conserveira, engadindo que “tanto o aceiro como os seus recubrimentos metálicos e orgánicos están libres de SVHC (sustancias extremadamente preocupantes), en conformidade cos requisitos do regulamento europeo REACH”. Así mesmo, o núcleo QuadCore dos paneis é 100% reciclábel, ao non incorporar ningún composto clorado, ao contrario que outros illantes, polo que pode reciclarse para infinidade de aplicacións.

Doutra banda, JEALSA salienta que o emprego de paneis máis delgados permite reducir o consumo de materias primas na súa fabricación e posibilita reducir as emisións debidas ao transporte entre un 15% (respecto de paneis con núcleo PIR ou PUR) e un 55% (respecto de paneis de la de rocha).

A nivel tecnolóxico, a empresa tamén destaca que o equipo de 5 persoas que xestionará a instalación estará conectado ao resto da compañía a través do programa SAP, con melloras tecnolóxicas no tratamento de datos dos produtos, “o cal permitirá obter unha rastrexabilidade total, así como minimizar erros derivados da toma de datos manual”.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.