Iniciada no Barbanza-Santiago a vacinación aos profesionais da área sanitaria

13 Xaneiro 2021

A Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza iniciou hoxe a vacinación fronte a Covid-19 aos profesionais dos centros sanitarios.
Desde esta mañá os profesionais sanitarios e non sanitarios están citados a través dun SMS coa hora e o lugar de vacinación xeoreferenciado, seguindo os criterios de priorización fixados no documento Estratexia de Vacinación fronte á Covid-19 en España acordado no marco do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde.
Así, nesta primeira fase de vacinación, que se desenvolverá desde hoxe mércores ata o venres serán citados uns 3.300 profesionais. Citarase a todos os profesionais de atención primaria as cabeceiras de servizo, onde se sitúan os PAC, e aos traballadores hospitalarios que están en primeira liña de atención a doentes no Hospital Clínico e no Hospital de Barbanza.
Son 10 equipos de enfermería os encargados de administrar a vacina.
Os puntos nos que se vacina hoxe son Hospital Clínico de Santiago, Concepción Arenal, Vite, PAC de Santiago, Bertamiráns, Fontiñas, Padrón, Valga e A Estrada, nos que se están a vacinar máis de mil douscentos profesionais.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

Cada vez voume atopando con máis xente que me conta que fixo a escolla de deixarde ler ou de ver noticias. Que buscan emisoras onde haxa só música, ou que evitantelexornais e tertulias de actualidade. Non son persoas desentendidas do mundo. Dinque non poden soportar...

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.