No Museo de Ribeira inaugurada “Bravura”, cen anos da traxedia de Sálvora

02 Xaneiro 2021

O Museo Municipal de Ribeira inaugurou este sábado unha
exposición sobre o naufraxio do Santa Isabel

Museo Municipal de Ribeira. Foto María Fernández Pazos

O Concello de Ribeira lembra o centenario do Santa Isabel coa
exposición “Bravura”, 100 anos do naufraxio do Santa Isabel.
A mostra relata o suceso desde a saída do vapor do País Vasco até o
seu accidente nos baixos da Pegar na Illa de Sálvora, ademais do
seu contexto cun capítulo especial dedicado á emigración, no que se
fai un repaso da emigración en Ribeira nos anos 20 e 30 a través do
singular “libro de emigrantes” deste concello.

O comisario da mostra e director do Museo de Ribeira, Miguel Á. Vidal Lojo explicando a exposición. Foto Beatriz Martínez del Campo y Ricoy

Na exposición pódense ver obxectos orixinais do barco como unha
campá ou a luxosa vaixela de prata rescatada do naufraxio. Tamén as
medallas que recibiu o segundo oficial do vapor Luís Cebreiro ou a
creada especialmente para as Heroínas de Sálvora.
Entre os contidos inéditos, destacan as notas manuscritas de Valle
Inclán sobre o naufraxio coas que o autor tiña previsto escribir unha
traxedia que nunca chegou a ser publicada.
A mostra, instalada no Museo Municipal de Ribeira, inaugurouse o
sábado 2 de xaneiro de 2021, no mesmo día no que, cen anos antes,
a veciñanza ribeirense se botaba ao mar para acudir aos náufragos
dunha das traxedias marítimas máis destacadas da historia de
Galicia.

A inauguración asistiron a Tenente de Alcalde María Sampedro e os
voceiros dos grupos municipais Vicente Mariño, Antón Vázquez
Cobas, Xose Manuel Vilas e Xurxo Ferrón. Por motivos de seguridade
sanitaria non se permitiu a asistencia de público. Foto Beatriz Martínez del Campo y Ricoy

O motivo da conmemoración destes feitos débense a que na
madrugada do 2 de xaneiro do ano 1921, o barco de vapor “Santa
Isabel”, con pasaxe emigrante cara a América, naufragou fronte
costa da illa de Sálvora. Ía con 266 persoas a bordo, incluíndo á
tripulación. Foi o maior desastre da navegación marítima de
pasaxe do século XX en España.
Ante a traxedia, xurdiron comportamentos humanos de solidariedade
de mulleres e homes ribeirenses que acudiron ao rescate salvando e
coidando aos 53 sobreviventes. Algúns recibiron destacados
recoñecementos oficiais, como as coñecidas “Heroínas de Sálvora”.
Catro mulleres que centraron a atención mediática da época durante
meses, mesmo a nivel internacional.

Outros artigos

Ribeira premia os comercios mellor decorados na XIX edición de Artemar

A votación popular recoñeceu a ambientación mariñeira d’O Bazar de Álvaro, Iluminación Lijó e A Recoveira. Premio Recoveira O Concello de Ribeira fixo entrega dos galardóns correspondentes ao Concurso de Decoración de Establecementos, enmarcado dentro da décimo novena...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

Puedo continuar afirmándolo porque lo veo con toda claridad, después de haber estado siempre atento a lo que sucedía. Sí, aunque otros de quienes cabría esperar que estuvieran comprometidos en ello no hayan respondido adecuadamente, yo he estado siempre inmerso en lo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.