Galicia rexistra un total de 9.479 casos activos por COVID-19. Hoxe houbo seis novas vítimas o que eleva a 1.480 os falecidos

13 Xaneiro 2021

Galicia rexistrou hoxe 6 persoas que foran diagnosticadas por coronavirus. Os falecidos son unha muller de 84 anos, no CHUACM, unha muller de 88 anos, no hospital HM-MODELO BELÉN da Coruña, un home de 92 anos falece na residencia da Pastoriza, un home de 86 anos, no Hospital de Verín; unha muller de 91 anos, no CHOP e un home de 100 anos, falece na residencia integrada Bo Día Sagunto de Vigo (procedente da residencia Moledo).Todos eles presentaban patoloxías previas.

Por outra banda a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 9.479 deles 2.260 son da área da Coruña, 890 da de Lugo, 1.232 da de Ourense, 832 da de Pontevedra, 1.720 da área de Vigo, 1.886 da de Santiago, e 659 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 73 están en UCI, 438 en unidades de hospitalización e 8.968 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 60.363 persoas curadas, rexistrándose 1.480 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 1.201.074.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 33.346.

Outros artigos

A Pobra foi este mércores unha proclama contra as violencias machistas

Con motivo do 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, os xardíns Valle-Inclán acolleron na tarde deste mércores unha concentración para manifestar o rexeitamento a todas as formas de violencia machista e expresar o apoio e a solidariedade coas vítimas. O...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

Cuenta Eduardo Infante en su libro Filosofía en la calle que, mientras explicaba un díala metafísica de Aristóteles en el instituto, advirtió que los alumnos tomaban notas ensus cuadernos. Pero al fondo de la clase estaba una chica sentada junto a una ventanaque no...