Este venres celébrase no Son o Gran Sorteo de Nadal

07 Xaneiro 2021

O Concello de Porto do Son informa de que as persoas que queiran participar no Gran Sorteo de Nadal e desexen coas súas compras apoiar o comercio local e consumir na hostalería sonense aínda están a tempo para facelo. O premio será de 1000 euros para consumir nos locais adheridos na Campaña de Nadal.

Ao abeiro desta iniciativa, os negocios pertencentes á campaña están a repartir rifas en cada compra para participar no sorteo que se celebra este venres 8 de xaneiro cunha contía de 1.000 € en premios para gastar nos locais participantes. Así, durante o sorteo extraeranse cinco números, resultando o primeiro gañador principal, e os catro restantes como suplentes. As bases do sorteo poden ser consultadas na páxina web da campaña sonoteucomercio.gal.

O sorteo celebrarase a través da plataforma de sorteos Randorium

Outros artigos

Minuto de silencio no Son polas vítimas de Urda

O Concello do Porto do Son acolleu onte a celebración dun minuto de silencio en homenaxe ás vítimas do tráxico accidente ferroviario de Urda. O Goberno e a Corporación do municipio adheriuse ao minuto de silencio convocado pola Federación Española de Municipios y...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

Una vía de alta prestación a 15 minutos”. José Castro López

Una vía de alta prestación a 15 minutos”. José Castro López

El Gobierno gallego cumplió con una de sus primeras obligaciones, la de presentar losPresupuestos con la previsión de ingresos y el desglose de gastos para el ejercicio 2027.Las cuentas anuales son como la hoja de ruta a la que ha de ajustarse el Ejecutivo en...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.