En Boiro descende o índice de criminalidade e de infraccións penais

26 Xaneiro 2021


O Concello de Boiro celebrou esta mañá unha nova sesión da Xunta local de
Seguridade na que se abordaron os temas relativos á seguridade pública no municipio, ás sancións interpostas e o número de infraccións durante o ano 2020. A reunión valorou unha diminución no índice de criminalidade ao reducirse o número de infraccións penais.
Do mesmo xeito, na xuntanza fíxose unha posta en común dos datos relativos á situación da violencia de xénero no municipio e acordouse a creación dunha mesa de coordinación específica. Ademais, analizáronse os datos da COVID-19 e incidencia da pandemia no municipio, así como das medidas de seguridade e prevención para garantir o cumprimento das restricións para o control da pandemia.
Na Xunta Local, os corpos e forzas de seguridade determinaron tamén o
establecemento de protocolos para garantir as medidas de control da cidadanía, a través dunha coordinación eficaz, como son o intercambio de información e a realización de plans de prevención e control conxuntos entre os axentes.

Outros artigos

Boiro acolleu unha nova edición do encontro Xeografía Empresarial

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) acolleu este venres 9 de outubro un novo encontro do proxecto Xeografía Empresarial, que reuniu en formato almorzo e con aforo completo a representantes de 55 empresas para reflexionar sobre o presente e o futuro da industria e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.