Domingo con choiva baixando cara o serán

30 Xaneiro 2021

Unha fronte atravesará Galicia durante este domingo deixando ceos moi nubrados con precipitacións, que serán máis intensas pola mañá nas provincias atlánticas. As temperaturas mínimas continuarán sen cambios e as máximas con lixeiros ascensos. Os ventos soprarán do sudoeste, fortes en xeral.

O luns teremos unha tregua na choiva e estaremos nunha situación intermedia entre as altas e as baixas presións, con circulación de ventos do suroeste que achegan humidade dende o mar. Agárdase así unha xornada de ceos moi nubrados con chuvias febles máis probables nas comarcas atlánticas. As temperaturas non terán cambios significativos. Os ventos soprarán do suroeste moderados, con intervalos fortes.

A partir do martes regresa a choiva.

Prognóstcio ás 20 horas do domingo

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...