Dodro pide que Mobilidade corrixa os seus topónimos

11 Xaneiro 2021

O Concello de Dodro está a traballar para corrixir os erros en materia toponímico-lingüística que poida haber na documentación que sobre o termo municipal atesouran diferentes entidades. Co comezo do ano, o Concello púxose en contacto coa Dirección Xeral de Mobilidade da Xunta de Galicia para facerlle ver que das oito paradas de autobús que existen en Dodro, catro delas están mal nomeadas e con erros.

A relación inclúe os seguintes casos de erros toponímicos.

· Lestrobe. Está nomeada como “Lestrove” e en algún lugar como “Lestrove (Padrón)”. O Concello lembra que a dita localidade pertence ao termo municipal de Dodro.

· Muronovo. O núcleo figura nomeado erroneamente como “Muro Novo”.

· Bexo. Figura na información da Dirección Xeral co topónimo errado de “Vexo”.

· Mesón de Bexo. Figura como “Mesón de Vexo”.

No escrito o Goberno local pide que se corrixan estes problemas lexicográficos e acompaña, para aclarar conceptos, o nomenclátor oficial. A resposta da Dirección Xeral de Mobilidade foi positiva, facendo saber que se fará unha revisión urxente das denominacións pero “que nas actuacións de certa complexidade, ao xa estar os servizos en funcionamento, a corrección non poderá ser inmediata, aínda que se tentará facer o antes posible”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Fronteiras”. Xulio Xiz

“Fronteiras”. Xulio Xiz

Axiña fará catro anos que físicamente nos deixou Darío Xohán Cabana, pero segue entre nós coa obra que nos deixou, especialmente aos chairegos, marcados para sempre.Pensei en Darío estes días cando a invasión de Ceuta por milleiros de marroquís, nova marcha verde,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.