Inés Mosquera Calvo gaña en Dodro o XXXVIII Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón con “Upupú”

23 Maio 2026

Dodro entrega o XXXVIII Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón a Inés Mosquera Calvo

O Concello de Dodro celebrou este sábado no CPI Eusebio Lorenzo Baleirón o acto de entrega do XXXVIII Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón, que nesta edición recaeu na obra “Upupú”, da poeta Inés Mosquera Calvo. O certame fora convocado polo Concello e coordinado pola poeta Silvia Penas.

A obra resultou escollida no mes de novembro entre un total de corenta e dúas candidatas. O xurado estivo composto polas poetas María Lado Lariño, Noelia Gómez Calvo e Miguel Cavadas Docampo, ademais do alcalde de Dodro e do concelleiro de Cultura.

Na acta, o tribunal destacou a presenza do paxaro Upupú como fío simbólico do poemario, que “soa ao longo dos poemas como unha oración” e se impón sobre a dor, a enfermidade e a vergonza. A obra está dividida en cinco partes e acompáñase de citas doutros autores, na súa maioría mulleres, que reforzan o seu percorrido poético.

Inés Mosquera Calvo naceu en Carcacía, Padrón, en 1992. É graduada en Educación Primaria con especialización na docencia de linguas estranxeiras e conta cun máster en Lingüística Aplicada pola Universidade de Vigo. Na actualidade traballa como tradutora.

A autora iniciou a súa traxectoria poética en 2022 coa publicación de Papulas Amarelas, a través de Medulia Editorial, e ao ano seguinte apareceu o seu segundo libro, Nonmesquezas. Ademais, participou en publicacións colectivas como Dorna e Domingo das Mozas.

No acto participaron a coordinadora do certame, Silvia Penas; a autora premiada; Manuel Martínez, en representación da editorial Chan da Pólvora; o alcalde de Dodro, Xabier Castro; e o concelleiro de Cultura, Ramón Abuín.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.