Sorteados os premios da campaña Merca no teu Comercio en cinco localidades coruñesas: Narón, Fene, Padrón, Rois e Dodro

01 Xuño 2026

Este luns 1 de xuño celebrouse na sede da Federación Galega de Comercio o sorteo dos premios correspondentes ás dúas campañas de Merca no teu comercio que se desenvolveron na provincia de A Coruña entre o 15 e o 30 de maio. Esta iniciativa de dinamización do comercio de proximidade repartirá nesta ocasión 1.000 euros en premios en Narón e Fene; e a mesma cantidade en Padrón, Rois e Dodro.

Esta campaña está organizada pola Federación de Comercio de A Coruña, a Federación Galega de Comercio e a Xunta de Galicia, coa colaboración neste caso da Asociación de Comerciantes de Narón, a Asociación de Empresarios Cruceiro de Fene e outras entidades. O obxectivo principal é estimular as vendas nos municipios rurais da provincia de A Coruña, achegar aos clientes aos comercios e dinamizar o sector.

A participación nesta iniciativa foi moi satisfactoria, rexistrándose un total de 3.725 tickets nas localidades Narón e Fene; e 1.022 tíckets nas localidades de Padrón, Rois e Dodro, pertencentes a compras realizadas nestas localidades coruñesas.

Hoxe sorteáronse en cada unha destas campañas 1.000 euros, repartidos en 20 tarxetas prepago de 50 euros. Os actos de entrega de premios terán lugar o venres, 5 de xuño, ás 13.30 horas, na praza da Gándara de Narón, no primeiro caso. E o mércores, 10 de xuño, ás 13.30 hs na praza Macías de Padrón, no segundo caso. Os gañadores deberán empregar o seu premios en compras no comercio retallista das localidades onde se realizou a campaña. O listado completo pode consultarse en mercanoteucomercio.com.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.