A Romaría do Avelán 2026 (Dodro) aposta pola artesanía local cun mercado aberto ao público durante toda a xornada

03 Xuño 2026


A Asociación de Veciños de San Xoán de Laiño celebrará o vindeiro sábado 6 de xuño a XXXV edición da Romaría do Avelán (Dodro), unha cita xa consolidada no calendario festivo e cultural da comarca que volverá combinar tradición, música popular, gastronomía e participación veciñal. Entre as novidades máis destacadas desta edición atópase a celebración do I Mercado de Artesanía Local, que abrirá as súas portas ás 12:00 horas no entorno do Avelán.

Segundo explicaron dende a organización, “a iniciativa nace co obxectivo de poñer en valor o traballo de artesáns e creadoras da contorna, ofrecendo un espazo de encontro entre o público e os oficios tradicionais, así como produtos feitos á man vinculados á identidade cultural galega”.

A organización destaca que esta mostra pretende converterse nun dos grandes atractivos da romaría, contribuíndo á dinamización cultural e económica do rural e fomentando o apoio ao comercio e á produción de proximidade. O mercado permitirá ás persoas asistentes descubrir pezas únicas de artesanía, coñecer de primeira man os procesos de elaboración e gozar dun ambiente festivo e familiar.

A programación da Romaría do Avelán completarase coa tradicional procesión ata a Cruz do Avelán, a misa de campaña na honra á Santa Cruz, o xantar campestre e distintas actuacións musicais ao longo do día, entre elas o combate de charangas cos grupos Gremio de Mareantes e Vai Rañala Meu.

Desde a Asociación de Veciños de San Xoán de Laiño animan á veciñanza e visitantes a participar nesta celebración, que busca manter vivas as tradicións populares e fortalecer os lazos comunitarios arredor dunha das festas máis emblemáticas da parroquia.

A AA.VV. de San Xoán de Laíño é un colectivo veciñal comprometido coa cultura, a lingua e o benestar da comunidade dende 1990.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.