“Consumado oficialmente o Brexit, con repercusións na pesca galega”. Antón Luaces

01 Xaneiro 2021

Logo de nove meses de negociacións, a Unión Europea contempla como o Reino Unido deixa de ser un Estado membro malia poder comerciar e mesmo cooperar cos 27 socios comunitarios. Por 521 votos favorables e 73 en contra, a Cámara dos Comúns aprobou o acordo de libre comercio e cooperación acadado a pasada semana entre a UE e o Reino Unido. O acordo sustentará a relación entre ambas as partes a partires do 1 de xaneiro de 2021, unha realidade que aporta cór a un brexit máis ou menos descafeinado.

O proxecto de lei do pacto comercial aínda debe pasar pola Cámara alta ou Cámara dos Lores (cuxa aprobación tamén se da como segura) antes de que a raíña Isabel II asine a ratificación do mesmo. Para ambas as partes o mercado único e os seus vencellos comerciais cos 27 Estados membros obrigan a modificacións de reparto no seo da Unión, mentras que para os británicos rematarán todas as conexións a partir das 23,00 horas do venres, 31 de decembro, media noite xa na Unión Europea.
Garantida unha cota do 30% do Total Admisible de Capturas (TAC) nas augas dos outros países da daquela Comunidade Económica Europea (CEE), España daba en 1986 un paso decisivo que xa Franco quixera dar antes sen poder acadalo: formar parte do Club europeo no que o Reino Unido sentaba cátedra como se fora un dos seis países asinantes do Tratado de Roma de 1957: Bélxica, Alemaña, Francia, Italia, Luxemburgo e Países Baixos. Non figurar entre estes asinantes do Tratado polo que se creaba a que hoxe é Unión Europea, non impediu a Londres exercer todo o seu poder para poñer atrancos ó acceso de España á CEE, específicamente en materia pesqueira, un dos motivos que agora, co brexit, cobra nova actualidade polo que afecta a España e particularmente a Galicia pola aplicación do novo acordo de libre comercio e cooperación. Repasando os acontecementos que se viviron con inquedanza en España polas novas que chegaban das negociacións e o papel que a pesca desempeñaba tanto polo reparto de cotas como pola cerrazón a que se outorgase á frota española idéntica capacidade de acceso a todos os caladoiros nos que faenaban os barcos comunitarios, o visto e prace chegou en 1986, partindo das 7.900 toneladas que España  puido pescar en 1985. No ano 2019, e como consecuencia do negociado e reflectido no Tratado de Adhesión e a mellora dos caladoiros,  fóille autorizada a pesca de  39.549 toneladas. É dicir: cinco veces máis que en 1985, un ano antes de que se consumara a adhesión de España á hoxe Comisión Europea. Para ben ou para mal?. Que pode quedar desas máis de 39.000 toneladas en xuño de 2026, cando se negocie entre as partes un novo acordo de pesca?. Segundo o ministro de Agricultura e Pesca español, a repercusión será, daquela, dunha rebaixa máxima do 1%, cousa que moi poucos no sector pesqueiro galego consideran posible. Un armador asturiano foi ben explícito: “Antes de 1986 traía diariamente toda a pescada que podía pescar. Todos os días do ano. Unha pescada en cada anzó e cada unha delas vendíase a unhas 300 pesetas (máis ou menos dous euros de hoxe). Nunca a miña lancha quedou amarrada porque non houbera cota. De pescarse hoxe o que pescabamos daquela, en 15 días a cota concedida a España estaría esgotada”.Para ben ou para mal ese acceso, admitindo os atrancos postos para o mesmo por Estados socios como o Reino Unido que, xunto con Irlanda, mantivo sempre unha posición de rexeitamento á presencia nas que foran as súas augas xurisdiccionais de barcos de Galicia e o Cantábrico español?. Que fixo o Reino Unido cando comprobou que os armadores galegos compraban barcos de bandeira británica para soslaiar os atrancos que Londres poñía á frota de Galicia (a denominada gran armada española).A 31 de decembro de 2019 o número de barcos de pesca de España era de 8.884, deles 4.357 galegos.  78 barcos españois pescan en augas do Reino Unido: 61 galegos, 18 bascos e 1 cántabro. Dos galegos, 25 barcos pertencen a asoación ANASOL, de Vigo; 23 ao porto de Celeiro; 11 a ARPESCO, da Coruña e 2 á OPP Lugo (Burela).A produción total da pesca extractiva foi en 2019 de 887.212 toneladas, cun valor en primeira venda de 1.767 millóns de euros.A maioría dos barcos galegos que pescan no Gran Sol desenvolven a súa actividade en augas de Irlanda (que segue a ser un Estado membro da UE). En 1985, a frota española contaba con 106 unidades pesqueiras que capturaron 7.900 toneladas de peixe, na súa maioría pescada. Foi o que se aprobou en 1986. Xa España na CEE a frota española foi de 300 barcos e 150 de presencia simultánea. Nos primeiros tres anos pescaron 18.000 toneladas a tanto alzado de pescada.Que futuro espera a xa mínima frota galega?. O tempo vai dicilo.

Outros artigos

“Odio e fascismo” – José Manuel Pena

En numerosos pobos e cidades de España e Europa están orgullosos da presenza de familias de inmigrantes, procedentes de países onde non teñen ningún tipo de oportunidade de poder vivir decentemente. Persoas e familias que chegan en busca dunha oportunidade de...

+

O programa Saudade puxo en valor a gastronomía do Barbanza

Este luns 14 de xullo celebrouse no Barbanza a primeira xornada de Saudade, evento organizado por Turismo da Deputación que reúne en diferentes puntos da provincia a 13 chefs con máis de 20 estrelas Michelín do 14 ao 15 de xullo co obxectivo de promocionar o sector...

+

“Carta á alcaldesa de Santiago”. José Luís Calo

Estimada Alcaldesa de Santiago de Compostela: Goretti Sanmartín Rei.Escríbolle en relación coa polémica da concesión á Princesa Leonor de Borbón eOrtiz da Medalla de Galicia, na que vostede se botou atrás e renunciou a representará cidade de Santiago. Un cargo público...

+

Publicidade

Castiñeiras

Revista en papel

Opinión

“Medicina, salud y facultades”. Alberto Barciela

“Medicina, salud y facultades”. Alberto Barciela

El debate no es malo en sí, puede proporcionar luz si es leal, autorizado, respetuoso con el pensar contrario. Con dificultad aportará claridad aquel que se tamiza por intereses inmersos en el oscuro mundo de lo particular o pocop reflexivos. Es quizás esta última la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.