“Cabeza e corazón”. Manuel González González

12 Xaneiro 2021

Afanábase un novizo dun mosteiro oriental en deixar impolutamente limpo de follas o xardín.
Cando rematou o meticuloso traballo foise satisfeito na procura do seu mestre para que comprobase o seu labor. Cando este chegou ao xardín, examinouno, colleu unhas poucas follas do montón do varrido, esparexeunas polo chan e sentenciou: agora está perfecto!.

Sirva isto de exemplo para calquera actuación que os humanos exerzamos sobre a natureza.
Non queiramos ser tan profilácticos e escrupulosos que desvirtuemos o verdadeiro sentido do natural e usemos, como dicía un famoso filósofo inglés, o corazón e o cerebro conxuntamente pois aínda que sexa amparándonos nos mellores desexos, se o facemos por separado podemos
cometer as maiores barbaridades.

Vamos á praxe e expoño a miña opinión. Cando nos propoñen a construción dun paseo peonil que bordee todo o noso litoral, aos que nos gusta pasear e gozar da natureza, alégranos o corazón e esa víscera controla os nosos sentimentos. Con todo, o cerebro fainos reflexionar:
Que impacto ambiental e estético vai ter a construción de varios muros de pedra e formigón bordeando o noso litoral? Cal será o efecto sobre a flora e a fauna, tanto da obra en si como da masificación humana? Logo virán o resto das infraestruturas: bancos, alumeado, papeleiras…

Despois pediremos un paseo para bicicletas e, en certos puntos, zonas de esparexemento e aparcamentos para poder deixar os coches. Tamén algún negocio onde a xente se poda abastecer. E veremos ao lonxe a natureza, onde as silvas e os bichos no nos dean problemas e se poida pasear e falar coa xente tranquilamente. Iso pensarán os do corazón. Os das dúas vísceras xuntas pensamos que está ben un paseo peonil polo borde do litoral, un camiño verde de terra ben definido e conservado, ao igual que os camiños tradicionais que tamén serven para preservar os dereitos de servidume, sempre que algúns representantes políticos non fagan a vista gorda e deixen a algún veciño con certa influenza económica e social usurpar espazos públicos en costas, ríos, rúas ou camiños. Pasear por estes camiños hoxe abandonados collendo froitos silvestres á beira dos mesmos e plantas silvestres de multitude de propiedades e beneficios: o gordolobo, o llanten, a dedaleira, a tintoreira, o saúco, abruñas, peros, moras e infinidade de plantas, árbores e arbustos que abundan no noso rico chan e eliminar a proliferación de plantas invasoras que están causando un gran dano na nosa diversidade autóctona de flora e fauna. Pasear e admirar a gran obra da natureza e en comuñón coa mesma.

Espero que ninguén use o argumento manido de que vou contra o progreso coa miña forma de pensar pois o mal chamado progreso estanos levando cara atrás, aínda que neste mundo redondo ninguén se pode escapar e canto máis te afastas dun punto, máis cerca volves estar.

Outros artigos

“Vivos y muertos”. Mario Clavell

Los forenses han identificado las últimas víctimas de Urda, Toledo. La señora muerte guadaña pilló impensadamente el pasado 28 de octubre a sesenta y nueve de los nuestros. Me ha electrizado admirar la variedad de  personalidades.   En noviembre se...

+

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

Hai bos xuíces, profesionais e valentes que cumpren coas súas obrigas. Un deles, sen dúbida, é Borja Pérez, titular do Xulgado Número 2 de Ribeira. Dita un auto xudicial polo cal suspende o lanzamento dunha familia vulnerable de Ribeira, en aplicación do novo RDL...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El papel de la mujer en Marruecos”. José Castro López

“El papel de la mujer en Marruecos”. José Castro López

Traigo a este comentario un hecho político que invita a mirar a Marruecos desde laperspectiva del papel de la mujer en una sociedad de profundas tradiciones y arraigadascostumbres machistas bajo una “democracia controlada”, como muchos la califican.En Marruecos ganó...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.