Boiro, Ribeira e O Son reducen as cifras de contaxios

08 Xaneiro 2021

O parte COVID deste venres na nosa comarca é un parte desigual: positivo para algúns concellos, máis preocupante para outros. No lado esperanzador caen Ribeira, Boiro e Porto do Son, que foron quen de mellorar os datos de incidencia e novos contaxios, confirmándose como os únicos concellos da nosa comarca que lograron mellorar as súas cifras e reducir un algo o número de enfermos.

Pola contra, no resto dos municipios o volume de novos doentes da COVID-19 incrementouse cunha vintena de casos acabados de notificarse, repartidos por todos os termos municipais. Son, con probabilidade, as consecuencias das reunións mantidas a comezos do Nadal, que se ben foron establecidas de xeito responsábel por boa parte da poboación, non resultaron ser suficientemente seguras noutras casos.

No lado máis preocupante atópase Outes, que engade de súpeto cinco enfermos até poñerse nos 38, e cunha incidencia acumulada de 617 (casos por cada 100.000 habitantes). A de Outes é a taxa máis alta da nosa contorna. Pola súa banda, Rianxo sumou tres doentes máis até poñerse nos 50. Os concellos da Pobra e Lousame tamén sumaron dous casos cada un (39 e 15, respectivamente).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.