Boiro celebrou pola vía telemática o seu pleno de xaneiro

22 Xaneiro 2021

O Concello de Boiro celebrou este xoves 21 de xaneiro a sesión plenaria ordinaria correspondente ao mes de xaneiro. or motivos de seguridade, tendo en conta situación sanitaria sobrevida da COVID-19, acordouse que a sesión fora celebrada de xeito telemático, retransmitíndose como de costume en directo, a través da canle de YouTube do Concello.

A sesión, logo da aprobación da acta da sesión do 17 de decembro, comezou coa avaliación do convenio de colaboración entre o Concello de Boiro e o Concello de Ribeira para favorecer a recollida conxunta de animais. Esta proposta foi rexeitada xa que era precisa unha maioría absoluta para a súa aprobación. Contou cos votos a favor do PSOE, do BNG e de IC Boiro, e coas abstencións de PP, Ciudadanos e Boiro Novo. Tamén foi rexeitada a nova ordenanza de circulación do Concello, cos votos en contra de PP, BNG, Boiro Novo e máis IC Boiro.

Estas son as demais cuestións tratadas no pleno:

– Moción presentada polo grupo de IC Boiro/ mixto sobre o estado das ruínas das instalacións da empresa Boiromar no Chazo – aprobada: 10 (PSOE, BNG, Boiro Novo, IC Boiro, Ciudadanos) e 7 abstencións (PP).

– Moción do grupo municipal de IC Boiro/ mixto relativa á reclamación a Repsol de débeda pola ocupación de terreos cos depósitos de gas no parque empresarial – aprobada por unanimidade (17 votos a favor)

– Moción do grupo municipal de IC Boiro/ misto sobre baños públicos no Mercado Municipal e melloras no dito mercado – aprobado por unanimidade (17 votos a favor).

– Moción presentada polo grupo municipal de IC Boiro/ mixto relativa á apertura durante todo o ano dos baños de paseo marítimo de Barraña – aprobado por unanimidade (17 votos a favor).

– Moción do grupo municipal do PP para instar ao Goberno a que ingrese as contías do IVE non liquidadas de 2017 como consecuencia da implantación do Subministro Inmediato de Información (SII) – aprobada por unanimidade (17 votos a favor).

– As tres mocións relativas á celebración o 25 de novembro do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller debátense todas xuntas, polo que se modifica a orde do día e se vota tamén o punto 20.

– Moción do grupo municipal do PP con motivo da celebración o 25 de novembro do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller – aprobada por unanimidade (17 votos a favor).

-Moción do grupo municipal do BNG relativa a celebración o 25 de novembro do Dia Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller – aprobada por unanimidade (17 votos a favor).

20. Moción do grupo municipal do PSdG- PSOE con motivo da celebración o 25 de novembro do Dia Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller – aprobada por unanimidade (17 votos a favor).

– Moción do grupo municipal de IC Boiro/ mixto relativa á necesidade de pintar o edificio da Casa da Cultura – aprobada por unanimidade (17 votos a favor).

– Moción do grupo municipal de IC Boiro/ mixto para que se soliciten subvencións para obras ao Goberno central con cargo ao 1,5% destinado a conservación do patrimonio cultural – rexeitada co voto de calidade do alcalde: 5 votos a favor (BNG, Boiro Novo, IC Boiro e Ciudadanos), 5 votos en contra (PSOE) e 7 abstencións (PP).

– Moción do grupo municipal de IC Boiro/ mixto para a devolución de recargos a contribuíntes causados por cambio de códigos de bancos – aprobada: 11 votos a favor (PP/ BNG/ Boiro Novo/ IC Boiro), 5 votos en contra (PSOE) e 1 abstención (Ciudadanos).

– Moción do grupo municipal do BNG sobre a reactivación da asistencia sanitaria – aprobado: 10 votos a favor (PP/ BNG/ Boiro Novo/ IC Boiro/ Ciudadanos) e 7 votos en contra (PP).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...