“Barcos galegos desembarcan en Irlanda o peixe capturado en augas británicas”. Antón Luaces

22 Xaneiro 2021

Galicia esixe unha estratexia común para defender os intereses da frota que faena no Gran Sol perante o acordo de Brexit acadado pola UE e o Reino Unido. O Consello Consultivo de Política Pesqueira para Asuntos Comunitarios celebrado esta semana así o demanda. Mentras tanto, e polas mesmas circunstancias do Brexit, a frota española (maioritariamente galega) que faena en augas do Reino Unido, opta por realizar en portos de Irlanda o desembarque das súas capturas. Mais non son os barcos galegos e os seus armadores os únicos que toman medidas contra o Brexit: as protestas dos exportadores escoceses de peixe fresco tamén van a máis con manifestacións que provocaron importantes retencións no tránsito rodado no centro de Londres. Os escoceses fan deste xeito o seu público desacordo coa ralentización do transporte por estrada motivada polos novos controis fronteirizos obrigados pola saída do Reino Unido da Unión Europea.

Quéixanse da dificultade que teñen para entregar produtos frescos a Europa, o que, aseguran, pode provocar perdas de emprego no sector pesqueiro malia o apoio do Goberno británico ás empresas que padecen duros efectos burocráticos e serias dificultades para a entrega das súas mercadorías.​

As mesmas queixas comezan a escoitarse en España e, máis concretamente, en Galicia, procedentes dos armadores cuxos barcos se ven na obriga de realizar os desembarques das capturas realizadas, en portos de terceiros países debido ao novo requisito que aporta maior burocracia, uso de novos certificados sanitarios (dos que carecen en moitos casos os portos británicos) e mesmo asumir carencias evidentes de oficinas competentes en materia de control sanitario e veterinario. Para os barcos españois outro prexuizo é o ter que realizar longas esperas -en ocasións de días- para se desprazaren a portos distantes un mínimo de tres horas de navegación para realizaren os trámites de vendas do peixe. O novo requisito por desembarque nun país terceiro aporta máis burocracia, certificados sanitarios, portos diferentes nos que resulta imposible despachar con lixeireza debido á inexistencia de oficinas axeitadas para eses trámites, proba evidente de que as autoridades pesqueiras do Reino Unido nunca realizaron accións alleas ánormativa comunitaria para afrontar esta nova situación consecuencia do “divorcio” da UE.

Dende a representación dos armadores españois propóñense operativas que teñen que ver cos consignatarios e mesmo os servizos veterinarios, porque os desembarques de peixe teñen que agardar días en almacéns ou desprazarse os barcos a outro porto non dependente do Reino Unido, feito que implica máis horas de navegación e redución das horas de permanencia en augas controladas polas autoridades británicas para poderen pescar.

O abandono da unión aduaneira da Unión Europea e o mercado único conduciu ás exportacións do Reino Unido a novos controis aduaneiros e veterinarios que, como xa queda exposto, causan serios problemas fronteirizos. O acordo comercial do Brexit deixa ao sector pesqueiro nunha situación de franco estancamento, que o Goberno británico debe solucionar antes de que o propio sector tome decisións que tanto os armadores como os transportistas prexudicados están dispostos a tomar. É o que explica que o primeiro ministro británico dera a súa aprobación a axudas por valor de máis de 25 millóns de euros ás empresas afectadas polos retrasos que o Brexit está a causar  á frota e ao transporte por estrada da pesca.
Á frota galega, coma sempre, tócalle turrar da tralla.

Outros artigos

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

+

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

+

“Menores y Marruecos” – Manuel Domínguez

Un menor debe ser entregado a su familia, lo contrario puede entenderse como secuestro, aunque sea un llamado secuestro involuntario, un estado no puede quedarse con un niño que pertenece a otro país debe ser devuelto y entregado a su familia, por otra parte no se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Nómades e emigrantes” – José Manuel Pena

“Nómades e emigrantes” – José Manuel Pena

Que está a acontecer coa falta de humanidade cara a moita xente que sae dos seus países en busca dun futuro mellor, lonxe da miseria económica e da falta de liberdade ou vivindo situacións de conflitos armados. Son persoas inocentes pero pobres, sen máis nada que o...

“O rei non estaba espido”. Antón Luaces

“O rei non estaba espido”. Antón Luaces

O presidente que non o foi de España porque non quixo - a realidade foi que os votos a prol acadados nas eleccións xerais do país en cuestión non foron dabondo para que sí poidera selo e o segundo na listaxe de candidatos soubo gañarse a confianza da maioría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.