Adiantado o toque de queda ás 22.00 horas. Sanidade impón as máximas restricións a Ribeira, A Pobra, Boiro, Rianxo, O Son, Noia e Outes

13 Xaneiro 2021

A Xunta adianta o toque de queda ás 22.00 horas e cinco de cada dez galegos estará desde este venres baixo o máximo nivel de restricións, o que supón que en 60 concellos haberá peche perimetral por separado e que a hostalería permanecerá pechada no interior e só poderán abrir as terrazas ata as 18.00 horas.

Na comarca Sanidade impón as máximas restricións a Ribeira, A Pobra, Boiro, Rianxo, O Son, Noia e Outes.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, anunciou as novas restricións acordardas onte á noite polo comité clínico que asesora a Sanidade

O resto do país estará no nivel medio-alto, coa hostalería pechando ás 18.00 horas, permitindo o 30 % do aforo interior e o 50 % en terrazas, aínda que non haberá peche perimetral para estes concellos salvo no caso de Vigo, Lugo e Pontevedra.
As medidas chegan nun día no que se alcanzou o récord de contaxios diarios desde o inicio da pandemia con máis dun milleiro de infectados nas últimas 24 horas e preto de pasar a barreira dos 10.000 casos activos.

MEDIDAS EXTRAORDINARIAS PARA 60 CONCELLOS

-Mobilidade limitada a cada concello, quedan eliminadas as améndoas ou agrupacións de municipios. -Hostalería sen servizo no interior, só permítese atención nas terrazas ata as 18.00 horas. -Aforo nos centros comerciais do 30 %. -Os establecementos de xogo non poderán abrir as súas portas

MEDIDAS DECRETADAS A PARTIR DO VENRES

-O toque de queda adiántase ás 22.00 horas. -A hostalería pechará ás 18.00 horas. -O peche dos comercios adiántase ás 21.30 horas. -Reunións públicas e privadas limitadas a catro persoas. -As visitas hospitalarias circunscríbense a unha persoa por paciente salvo casos excepcionais. -Os concellos pasan a dous niveis: o medio-alto e o máximo. No medio-alto non se establece peche perimetral, pero Lugo, Vigo e Pontevedra son a excepción e queda restrinxida a mobilidade só ao concello, salvo para os casos xustificados: laboral, académico e de asistencia.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.