Aberta a inscrición para o curso de socorrismo e salvamento en Rianxo

14 Xaneiro 2021

O Concello de Rianxo anunciou a convocatoria do prazo para as accións formativas de socorrismo en espazos naturais e instalacións acuáticas. O inicio da formación, impulsada pola Deputación da Coruña, será para os espazos acuáticos naturais en febreiro 2021 e en instalacións acuáticas en setembro 2021.

Deste xeito, a inscrición por parte dos interesados realizarase nunha única solicitude para participar nos dous cursos, obtendo así a dobre titulación. Para poder optar a unha praza, os interesados deberán cumprir os seguinte requisitos: estar inscritas na Oficina de Emprego que lle corresponda; ter 18 anos cumpridos; estar empadroado nalgún concello da provincia da Coruña; posesión do certificado de profesionalidade nivel 2; carencia de afeccións crónicas e integridade física.

Unha vez superada esta primeira criba, as persoas candidatas deberán presentarse a unha proba de natación que consiste en nadar 200 metros estilo libre nun tempo máximo de 4 minutos e 15 segundos e realizar 20 metros en apnea. Desta selección só se admitirán a 6 persoas empadroadas no mesmo concello e por último deberán superar unha entrevista.

Ademais, o curso disporá do apoio da Deputación da Coruña que ten prevista a concesión dunha compensación mediante a retribución de bolsas que incluirán un importe fixo e unhas variables.

Outros artigos

Adxudicada a mellora do entorno do Hórreo de Araño

O Concello de Rianxo informou da adxudicación da obra de mellora do entorno do Hórreo do Araño. O proxecto conta cun orzamento total de 215.985€. A Xunta de Galicia, a través da Axencia de Turismo, achega 145.000€ e os restantes o Concello de Rianxo. A actuación que...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.