A Policía Local de Rianxo detectou 24 infraccións en materia sanitaria dende o 11 de xaneiro

19 Xaneiro 2021

A Policía Local de Rianxo fixo balance das actividades operativas desenvolvidas estes días polos axentes orientadas especialmente á vixilancia do control do peche perimetral do concello e ao cumprimento das medidas sanitarias establecidas para frear a pandemia de COVID-19. Segundo informou o corpo policial, entre os días 11 e 18 de xaneiro establecéronse diversos puntos de control en vías de comunicación e outros dispositivos en zonas comerciais e de grande afluencia de persoas. Ao abeiro destes dispositivos detectándose un total de 24 infraccións en materia sanitaria.

O dispositivo máis relevante dende o punto de vista cuantitativo foi o realizado o día 15 polos axentes de Rianxo nun local hostaleiro do termo municipal, a través do cal foron denunciadas 6 persoas que se atopaban no seu interior infrinxindo a normativa, confeccionándose as correspondentes actas-denuncia.

Alén das medidas anti-COVID, foron denunciadas varias persoas por outras infraccións relativas á tenza de animais e procedeuse á investigación xudicial dun veciño de Boiro por incumprimento dunha orde de afastamento da súa ex-parella.

Ademais, no que vai de mes e froito da actividade operativa foron denunciados administrativamente 2 condutores por conducir baixo os efectos de bebidas alcohólicas e outros 6 condutores por circular tendo consumido diversos tipos de estupefacientes. Por outra banda, instruíronse dilixencias penais a outros 2 cidadáns por perda de vixencias dos permisos de condución (por perda total de puntos nun dos casos e por perda de vixencia e negativa a someterse ás probas regulamentarias e usurpación de estado civil, no outro dos casos).

A Policía Local sinalou que a todas as persoas investigadas xudicialmente lles constan reseñas anteriores por diversos delitos contra a propiedade, a saúde pública e a seguridade viaria, nalgún caso ata en 92 ocasións.

As dilixencias instruídas foron remitidas ó Xulgado de Garda de Padrón (A Coruña).

No que vai de período temporal dende que se decretou o peche perimetral do concello de Rianxo, a sala operativa da Policía Local deu cumprimento a 847 requirimentos de información variada relacionada coas distintas medidas sanitarias postas en marcha.

Outros artigos

Rianxo e A Estrada xa son oficialmente concellos irmáns

Este luns 19 de outubro formalizouse finalmente a sinatura do protocolo de irmandamento entre os concellos da Estrada e Rianxo, historicamente unidos polas figuras de Virxinia Pereira Renda (A Estrada) e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo). A fraternidade...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.