A Pobra dá continuidade ás medidas establecidas o 28 de decembro para frear a COVID-19

12 Xaneiro 2021

O Concello de Pobra do Caramiñal publicou un bando no que se fai repaso da situación actual do municipio en materia de incidencia da COVID-19 e se informa das medidas presentes e futuras para pórlle freo. No bando lémbrase que o concello, despois de dúas semanas, prosegue “nunha situación de risco extremo na evolución da pandemia”, polo que “resulta necesario dar continuidade ás medidas extraordinarias que se estableceron o pasado 28 de decembro de 2020.

As presentes medidas extraordinarias serán de aplicación entre o día 12 de xaneiro de 2021 e o día 19 de xaneiro de 2021, ambos inclusive. Estabelécense as seguintes disposicións:

· Primeira. Suspéndese tódalas actividades de ocio e tódolos espectáculos de carácter cultural organizados polo Concello.

·Segunda. Mantense o peche dos parques infantís e biosaudábeis de todo o termo municipal, que permanecerán precintados ata que se autorice de novo o seu uso.

· Terceira. A Biblioteca Municipal, o Museo Valle-Inclán e a Oficina de Información Turística na Casa Mariñeira deixarán de dar atención presencial ao público. Porén, continuarase co servizo de préstamo de libros en funcionamento, que deberá solicitarse mediante unha cita previa.

· Cuarta. Suspéndense tódalas actividades deportivas non federadas nas instalacións municipais, tanto ao aire libre coma as que se realizan a cuberto. A práctica deportiva federada séguese a autorizar, sen prexuízo de que se revisen os protocolos en funcionamento e de que se poidan estabelecer medidas extraordinarias para cada modalidade deportiva en concreto. Para o cumprimento desta medida as instalacións deportivas ao aire libre ficarán precintadas, e só poderán ser empregadas para o deporte federado. Neste caso deberán comunicar coa antelación de un día o seu uso ao departamento de deportes ou directamente á Policía Municipal.

· Quinta. Non se autoriza o uso de ningunha dependencia municipal para a realización de ningún tipo de actividade. Queda expresamente prohibido o uso de calquera espazo público nos seguintes casos:

– Actividades culturais ou lúdicas, tanto as de carácter público coma privado.

– As exposicións e mostras quedan clausuradas.

– Actividades de formación como cursos, obradoiros ou outras de análoga natureza.

– Xuntanzas de entidades, asociacións ou clubs deportivos, tanto de carácter público coma privado.

· Sexta. Suspéndese a realización do mercado ambulante dos mércores.

· Sétima. Procederase a intensificar as tarefas de desinfección por parte da Agrupación de Voluntarios/as da Protección Civil, que se realizarán diariamente cando menos nos seguintes espazos e horarios:

– Ás 20:00 horas comezarán na contorna do centro de saúde e residencia de maiores.

– Despois das 23:00 horas, para evitar molestias á cidadanía, realizarase a desinfección do centro urbano, “poñendo unha especial énfase no mobiliario urbano, como bancos e papeleiras, e nos contedores do lixo, vidro, papel, envases, roupa e aceite; e, en xeral, en calquera superficie que poida servir de vehículo de contaxio para o COVID-19”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La hemeroteca y la realidad”. José Castro López

“La hemeroteca y la realidad”. José Castro López

Circula por la red una intervención del presidente del Gobierno en el Parlamento quedebió producirse cuando intentaba acordar la formación de Gobierno con Ciudadanos -las cámaras captaron a Rivera y Girauta en actitud de aprobación a su discurso-, del quereproduzco...

“Palabra de Rei”. Xulio Xiz

“Palabra de Rei”. Xulio Xiz

En foto de hai 48 anos podemos ver ao bispo de Lugo, Ona de Echave, asperxendo a Juan Carlos e Sofía, Reis, na porta norte da Catedral de Lugo, ante a mirada atenta de José Ferro. Eran tempos nos que “palabra de Rei” significaba firmeza nos tratos das...