A Cabalgata de Reis de Rianxo poderase seguir a través do Youtube do Concello

04 Xaneiro 2021

Estes martes 5 de xaneiro será un día de ilusión para a rapazada rianxeira, unha xusta recompensa para meses de dar exemplo co seu comportamento. Trátase da visita dos Reis Magos ás parroquias do concello, unha visita que as Súas Maxestades van facer baixo as máis estritas medidas de seguridade e que, para garantir o distanciamento e o desfrute por parte de todas as nenas e nenos do municipio, retransmitirase pola canle municipal de Youtube. O percorrido comezará ás 16.30 horas na parroquia de Isorna (Seixiñal) e rematará aproximadamente na propia vila de Rianxo ás 19.30 horas.

Percorrido programado a través dos seguintes viarios e estradas principais:
Isorna – Leiro – A Fincheira – Urb. A Martela – Arcos Moldes – Estrada de Rianxiño – O Pazo – Asados – Burés – O Araño – Taragoña (volta en Pte. Beluso) – Taragoña – Fachán – O Pazo – Rinlo – Rosalía de Castro – Arcos Moldes – Estrada de Tanxil – Paseo da Ribeira – Praza Castelao – Paseo da Ribeira – Auditorio (recepción polas autoridades. Sen público).

Como dixemos, poderase seguir a cabalgata e posterior recepción (sen público) en streaming a través da canle de Youtube do Concello de Rianxo.

Recoméndase seguir aos Reis desde as propias casas ou achegarse a un lugar seguro, onde se poidan cumprir as medidas preventivas e de seguridade.

Outros artigos

Rianxo e A Estrada xa son oficialmente concellos irmáns

Este luns 19 de outubro formalizouse finalmente a sinatura do protocolo de irmandamento entre os concellos da Estrada e Rianxo, historicamente unidos polas figuras de Virxinia Pereira Renda (A Estrada) e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo). A fraternidade...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.