A aula CeMIT de Ribeira comeza o ano con sete cursos e sete seminarios tecnolóxicos

A aula CeMIT de Ribeira, emprazada na contorna Cubeliños, está a preparar un total de sete cursos de novas tecnoloxías e dous seminarios para os vindeiros meses de febreiro e marzo. Máis polo miúdo, as actividades formativas versarán sobre manexo básico do móbil, sobre a suite ofimática Libreoffice, sobre como dar os primeiros pasos na informática, sobre a ferramenta de mensaxes instantáneas Whatsapp, cobre certificado dixital, sobre retoques de imaxe coa ferramenta libre GIMP e sobre ofimática na nube (Google Drive). A maiores, desenvolveranse un seminario dedicado á seguridade en Internet e outro sobre control parental.

O prazo de inscrición abrirá este mércores 27 ás 9 horas, ata cubrir prazas. As persoas interesadas poden anotarse ben na sede da aula CeMIT en Cubeliños (teléfono 981 876 043) ou ben por vía telemática na web da aula.

O Concello de Ribeira explicou que as clases desenvolveranse respectando a normativa de seguridade anti-COVID, é dicir, distanciamento, 50% de capacidade (o que implica que só haberá 6 prazas), uso de máscara durante toda a sesión, ventilación continua da aula, hixiene de mans e desinfección dos postos de traballo.

En canto ás características concretas de cada actividade:

· Manexo básico do móbil.

Contido:

Uso básico do dispositivo. Teléfono e contactos, acceso a Internet, cámara, instalar e desinstalar apps, borrar arquivos.

Data:

01 de febreiro de 2021 – 04 de febreiro de 2021

Horario: 11:30 – 13:00

· Libreoffice.

Contido:

Manexo do editor de texto, da folla de cálculo e do creador de presentacións – LibreOffice

Data:

08 de febreiro de 2021 – 31 de marzo de 2021

Horario: 09:30 – 11:00

· Iniciación á informática.

Contido:

Descubrir diferentes utilidades do ordenador. Coñecer os elementos básicos dun ordenador. Familiarizarse co uso do teclado e do rato. Familiarizarse co uso dun sistema operativo. Crear e xestionar cartafoles e ficheiros. Abrir, utilizar e pechar programas. Iniciarse na navegación pola Internet.

Data:

09 de febreiro de 2021 – 25 de marzo de 2021

Horario: 09:30 – 11:00

· Whatsapp.

Contido:

Instalar e crear a conta, comunicarte cos teus contactos, compartir arquivos, audios, imaxes e vídeos, crear grupos.

Data:

08 de febreiro de 2021 – 11 de febreiro de 2021

Horario: 11:30 – 13:00

· Certificado dixital.

Contido:

Comprender que é un certificado dixital e cales son os pasos para obtelo, facer copia del e renovalo. Coñecer algúns trámites electrónicos que ofrecen as administracións públicas.

Data:

22 de febreiro de 2021 -25 de febreiro de 2021

Horario: 11:30 – 13:00

· Retoque de imaxe. GIMP.

Contido:

Co programa GiIMP realizar pequenos retoques de imaxe, inserir texto nunha fotografía cun formato axeitado, modificar as propiedades da cor dunha fotografía, …

Data:

08 de febreiro de 2021 – 10 de marzo de 2021

Horario: 16:30 – 18:00. Luns e mércores

· Ofimática na nube. Google Drive.

Contido:

Manexo do Drive para almacenar e compartir arquivos na nube. Uso do paquete ofimático do Drive

Data:

09 de febreiro de 2021 – 11 de marzo de 2021

Horario: 16:30 – 18:00. Martes e xoves

· Seminario de Seguridade en Internet.

Contido:

Coñecer os riscos que supón a navegación pola Internet. Tomar as precaucións axeitadas para a navegación. Medidas preventivas.

Data:

15 de marzo de 2021 -17 de marzo de 2021

Horario: 16:30 – 18:00.

· Seminario de control parental.

Contido:

Charla sobre o software de control parental no ordenador

Data:

22 de marzo de 2021 -24 de marzo de 2021

Horario: 16:30 – 18:00.

· Módulo informática Obradoiro Cociña O Pote II.

Cuberto por alumnos do obradoiro

Data:

15 de xaneiro de 2021 -25 de marzo de 2021. Todos os venres

Horario: 08:00 – 15:30.