30 novas vítimas elevan a 1.718 os mortos pola COVID-19 en Galicia

As vítimas da pandemia en Galicia elévanse a 1.718 tras informar o Sergas de 30 novos falecementos con COVID-19 que se rexistraron desde o pasado 18 de xaneiro. Todos eles presentaban patoloxías previas.

Estes falecementos non son todos de hoxe, pero foron validados hoxe por Saúde Pública, logo de confirmarse que faleceran por covid.

Día 18 de xaneiro: Muller de 91 anos na Residencia Paz y Bien de Tui.

Día 19: Home de 71 anos, no seu domicilio de Cartelle (Ourense).

Día 20: Muller de 91 anos, na Residencia Asilo San Sebastián y San Lázaro de Ribadeo (Lugo).

Dia 24: Home de 95 anos, no Chuac.

Día 26: Muller de 74 anos, no Hospital Quirón da Coruña.

Home de 84 anos, no seu domicilio de Ribadeo (Lugo).

Muller de 90 anos, no Chus.

Día 27: Home de 64 anos, no Chuac.

Muller de 90 anos, no Chus.

Home de 86 anos, no Chus.

Muller de 88 anos, no Chuvi.

Home de 87 anos, no Chuf.

Home de 79 anos, no Chuac.

Muller de 99 anos, no Chuac.

Home de 81 anos, no Chuf.

Home de 75 anos, no Hula.

Dia 28: Home de 87 anos, no Cegadi (Santiago). Procedía da Residencia San Simón de Cacheiras.

Muller de 89 anos, no Chuo.

Home de 58 anos, no Chuo.

Home de 90 anos, no Hospital da Mariña (Burela).

Home de 66 anos, no Hula.

Muller de 76 anos, no Chuf.

Muller de 80 anos, na Residencia DomusVi de Carballo.

Home de 65 anos, no Chuac.

Home de 88 anos, no Chuo.

Home de 81 anos, no Chuac.

Home de 88 anos, no Hospital de Verín. Procedía da Residencia Santa María de Verín (Ourense).

Muller de 94 anos, no Chuo. Procedía da Vivenda Comunitaria de Vilar de Santos (Ourense).

Home de 93 anos, no Chuac.

Muller de 91 anos, no Chuo.

Todos eles tiñan patoloxías previas.