2naFronteira ofrece en Rianxo o concerto-exposición Arredor de Nós

22 Xaneiro 2021

O grupo 2naFronteira (Dous na Fronteira) actuará o vindeiro sábado 30 de xaneiro na Sala Arcos de Moldes do Auditorio de Rianxo a partir das 19:00 horas. Trátase do concerto-exposición Arredor de Nós, enmarcado nos Actos Castelao 2021.

O concerto-mostra xorde arredor da celebración do centenario da revista Nós, e consistirá nunha atractiva e orixinal exposición divulgativa sobre a mesa cunha breve guía didáctica. O grupo 2na Fronteira estará composto por; Carmen Penim (voz e harmonio), Maurizio Polsinelli (piano e harmonio) e Miguel Paz (batería e percusión tradicional).

A actuación está aberta a todos os públicos e os interesados en asistir poderán conseguir a súa entrada de balde a través da reserva de localidades mediante o correo auditorio@concelloderianxo.gal. O prazo manterase aberto do 22 ao 28 de xaneiro.

Outros artigos

Ribeira prepárase para vivir a terceira Noite Tradi no 11 de xullo

O folclore segue protagonizando citas dentro do calendario municipal de Ribeira. A terceira Noite Tradi celebrarase no sábado, 11 de xullo, a partir das 22.00 horas, na praza de Porta do Sol. Alí actuarán os grupos locais Bailadela e As Sete Linguas da Asociación...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...