200 propostas para sanción en controis das restricións en Galicia durante a noite de Reis

06 Xaneiro 2021


Un total de 7.260 persoas foron identificadas en operativos desenvolvidos pola Garda Civil e a Policía Nacional o 5 de xaneiro con motivo da celebración da noite de Reyes, das que 201 foron propostas para sanción.

O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, informou este mércores de que o 5 de xaneiro -noite de Reyes–, establecéronse 581 dispositivos de seguridade que alcanzaron a 7.260 persoas e 5.603 vehículos en Galicia.

No marco destes controis, a Garda Civil e a Policía Nacional sumaron 201 propostas de sanción. Durante o 5 de xaneiro, 1.230 persoas foron identificadas pola Policía Nacional e 6.030 porla Garda Civil. En canto a vehículos, a Policía controlou 846, mentres que o Instituto Armado fixo o mesmo con 4.757.

Así, entre Garda Civil e Policía Nacional, contabilizáronse 581 dispositivos de seguridade con 61 propostas de sanción da Policía e 140 da Garda Civil.

O delegado do Goberno subliñou que é necesario seguir as indicacións facilitadas polas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado que, “na actualidade, continúan reforzando a vixilancia en áreas de aglomeración de persoas, así como en zonas de lecer e restauración”, destacou Losada.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la furia al talento” – José Castro López

“De la furia al talento” – José Castro López

El próximo fin de semana vuelve la Liga y es un buen momento para recordar el triunfo de La Roja en el Mundial y desear que el fútbol español conserve los valores que hicieron posible aquella gesta. En los Juegos Olímpicos de Amberes de 1920, España se enfrentaba a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.