Rematan os traballos de sinalización de rutas ciclistas. Noia, Porto do Son e Ribeira, entre outros

25 Decembro 2020

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de rematar os traballos de sinalización de rutas ciclistas protexidas en máis de 600 quilómetros de estradas autonómicas de Galicia.
Esta intervención, que se enmarca no Plan de Seguridade Viaria da Xunta, contou cun investimento superior aos 180.000 euros.
En total, actuouse en 10 percorridos das estradas autonómicas das catro provincias, coa instalación de máis de 300 sinais e paneis para que os condutores estean alerta da presenza dos ciclistas.
Na provincia da Coruña, instaláronse sinais en rutas ao seu paso por concellos como Santiago, Ames, Brión, Noia, Porto do Son, Ribeira, Padrón, Arzúa, Oleiros, Betanzos ou Abegondo, entre outros.
En Lugo, sinalizáronse rutas nos municipios de Triacastela, Samos, Sarria, Paradela, Portomarín, Vilalba ou Xermade.
En Ourense, as actuacións acometéronse en vías autonómicas nos concellos de Ribadavia, Maceda, Castrelo de Miño, Toén, Barbadás, Ourense, Leiro, Cenlle ou O Carballiño. Na provincia de Pontevedra, os sinais colocáronse en estradas de concellos como Poio, Sanxenxo, O Grove, O Porriño, Vigo, Baiona, Oia, O Rosal ou Tui.

Máis seguridade O obxectivo destas intervencións é incrementar a seguridade nas rutas habituais dos ciclistas deportivos, colectivo que precisa de características diferenciais no uso das estradas.
Os ciclistas deportivos circulan a unha velocidade moito maior, polo que teñen que desprazarse pola calzada, preferentemente pola beiravía.
Estas circunstancias do colectivo provocan situacións de maior vulnerabilidade nos seus desprazamentos, polo que a Xunta reforza a súa protección coa realización de actuacións como estas de sinalización e alerta aos condutores.
No seguinte mapa amósanse as zonas onde se colocou a sinalización das rutas ciclistas protexidas:

Outros artigos

A comunidade da Creba recibe formación en seguridade viaria

A Asociación Saúde Mental A Creba, entidade inclusiva e integradora que traballa nas comarcas de Barbanza e Muros-Noia, vén de realizar unha nova actividade encaixada no Programa de Educación e Saúde Comunitaria na que participaron os centros da Creba. Desta volta, a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...

“A forza da gratitude”. Luís Celeiro

“A forza da gratitude”. Luís Celeiro

Daquela, hai algo máis de cincuenta anos, algúns dos aldeáns e aldeás das aldeas de Lugochegaban ao Instituto para abrir as portas do futuro, pechadas a cal e canto para os fillos daMariña, para os das montañas da Fonsagrada, dos Ancares, do Courel e da Lóuzara...