Recalan no Elma (A Pobra) tres pezas teatrais para público infantil e familiar

21 Decembro 2020

Nestes días comeza a posta en escena no antigo Cine Elma das pezas teatrais dirixidas ao público infantil e familiar adscritas ao Nadal Cultural da Pobra, e que terán continuidade na vindeira semana.

No día de mañá, martes 22, Baobab Teatro representará Puño Puñete. Este espectáculo aposta por unha forte poética e tamén por promover a lingua galega: unha viaxe a través das palabras e da música, rescatando ditos populares, refráns, poemas, lerias e enredos.

Fantoches Baj presentará Os golfiños e o xigante no mércores 23. Trátase dun espectáculo de sombras chinesas que narra unha historia real extraída dunha nova que se fixo eco na prensa internacional.

Xa no luns 28 representarase A feira das linguas con Lydia Botana. Consiste nun concerto acústico cunha instrumentación variada: piano, acordeón, ukelele, caixón, instrumentos doutras culturas e mais autóctonos mesturados con bases electrónicas.

A actuación de Expresións Producións con Os limpa, limpa, a cal estaba prevista para martes 29, ten que se adiar por cuestións de saúde dun dos integrantes da compañía. A nova data será comunicada proximamente.

Todas estas citas transcorrerán ás 18.30 horas e enmárcanse na programación teatral para esta tempada do outono/inverno organizada pola Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a edil Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña.

A entrada é de balde e as actividades desenvolveranse seguindo as medidas implantadas por mor da COVID-19, polo cal as persoas interesadas en asistir deben face-la súa reserva na Casa da Cultura e Xuventude Raquel Fernández Soler ou a través do teléfono de contacto 981 831 545.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.