Parte da costa galega continúa en alerta vermella este sábado. Seguen os chuvascos

04 Decembro 2020

O litoral da provincia da Coruña permanecerá en alerta vermella este sábado, xornada na que se mantén o aviso amarelo por neve en zonas de Lugo e Ourense.

Meteogalicia informa que a alerta vermella por mar combinado con ondas de ata nove metros estará decretada desde a Costa da Morte ata A Mariña desde as 3,00 horas da madrugada ata as 15,00 horas.

Neste momento, o aviso pasará a laranxa, cor no que permanece o litoral de Pontevedra.

O sábado Galicia continuará na influencia dunha borrasca centrada ao norte de Francia e con aire frío nas capas medias e altas da atmosfera. Así agárdase unha xornada de ceos moi nubrados con chuvascos máis frecuentes e persistentes na metade norte onde poderán vir ocasionalmente acompañados de sarabia. As temperaturas sen cambios significativos. O vento soprará forte do noroeste.

Prognóstcio sábado 5 de decembro de 2020 mediodía

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.