“O Reino Unido da a Galicia o golpe de gracia que buscaba por medio da pesca”. Antón Luaces

27 Decembro 2020

Dous moi importantes retos ten ante si a frota galega que faena en augas ata o de agora comunitarias do Reino Unido e que o día 1 de xaneiro de 2021 perderán esa condición (cos danos colaterais que afectarán a ambas as partes, Reino Unido e Unión Europea) e a revisión que en 2022 practique a Comisión Europea aos TAC e cotas de pesca, algo que realizará tamén os anos seguintes, como é norma. Sexa como for, unha espada de Damocles que non deixa moitas esperanzas a unha frota, a galega, que sabe que ten un prazo de pouco máis de cinco anos para encomendarse a todo o habido e por haber porque, sen poder acceder a augas británicas, o panorama, máis que feo é terrorífico. Para isto a frota galega leva pelexando 34 anos, redución tras redución. De pesca e de número de barcos.

A partir do 1 de xaneiro e co fin de evitar unha desconexión desordenada, as partes estudarán vías legais para que o novo acordo de asociación e comercial poida poñerse en práctica con carácter provisional. Como xa é coñecido, a UE e o Reino Unido son signatarios dun acordo pesqueiro no que os pescadores comunitarios pasarán pola infausta experiencia de ver reducidas as súas capturas cada ano durante un quinquenio. Para os pescadores galegos, e en xeral os europeos, “un día negro”. As condicións das futuras relacións, polo que se coñece, non son boas. Galicia sábeo. Londres deixa de formar parte do bloque comunitario a partir das 24 horas do día 31 de decembro de 2020, e a información oficial da que a día de hoxe disponse, non achega claridade sobre o futuro do sector pesqueiro europeo, as súas familias e as súas comunidades, segundo expresou o secretario xeral da Confederación Española de Pesca ( CEPESCA), Javier Garat. Uns e outros coinciden en que a pesca é unha actividade “imprescindible” se se ten en conta que “a xestión da pesca é un esforzo a longo prazo” que de non afrontarse desta maneira deixa no aire a sustentabilidade dos stocks de peces e retrae os investimentos no sector.
Un futuro ao que os pescadores comunitarios han de facer fronte desde a incerteza, polo que o Goberno español deberá informar canto antes o contido exacto do acordo alcanzado. A Unión Europea, pola súa banda, ten o deber de adoptar todas e cada unha das medidas necesarias que aseguren o sector pesqueiro.
Os británicos están seguros de que, en cinco anos, recortarase como mínimo o 25% da pesca, especialmente para os barcos do Norte de España (pensando sobre todo en Galicia). Ao ano seguinte revisarán o acordo e aprobarase un novo recorte que sumar aos xa aplicados. Galicia será a máis afectada: a maior parte do peixe e o marisco que capturan os barcos con base en portos da Comunidade galega procede de augas de Escocia. Danos, pois, para o sector pesqueiro, pero tamén para o especificamente comercializador. Consecuentemente, paro na actividade e mariñeiros a terra, peche de establecementos de venda de peixes e mariscos e máis autónomos á rúa. Está España en disposición de facer fronte a esta situación que, ata o de agora, non é senón unha hipótese máis ou menos ben fundada?.
Galicia xógase o ser ou non ser da súa condición de primeira potencia pesqueira da Unión Europea. O Reino Unido, co seu divorcio da UE conseguiu o que con tanto afán pretendeu, sen logralo, desde o momento do acceso de España, en 1986, á entón Comisión Económica Europea (CEE) ata os nosos días.
Ábrese un período nefasto para a frota de Galicia e dáme a impresión de que nin Galicia (que non pode), nin España, nin a Unión Europea están a facer o necesario para que os galegos non choquemos cun futuro que xamais nos deparou as alegrías que se esperaban, senón máis ben todo o contrario.
Pronto comezaremos a vivir as consecuencias.

Outros artigos

“Una desgracia peor que la de Adamuz”. José Fernández Lago

Esta, sufrida en Urda, ha sido más dura, no solo por el número de muertos y heridos, sino también porque “llueve sobre mojado”. Las palabras “inverosímil e inexplicable”, del responsable de los transportes en España, no se sostienen ante el principio que hemos...

+

“Fieles Difuntos”. Manuel Dominguez III

Dia dos de Noviembre, esta será tu casa. Año 985-998: La conmemoración fue instituida en Francia por el monje benedictino San Odilón, abad de Cluny, quien ordenó que en todos los monasterios de su orden se rezara por las almas de los difuntos cada 2 de noviembre. Esta...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Adiviña Número Tres” – Tonio Nóvoa

“Adiviña Número Tres” – Tonio Nóvoa

. Adiviña, adiviñador. . . Aparece á súa hora, sempre aparece:. sorriso medido,. lavado, nin unha enruga,. perfumado de brillos. e ventos de marca. . . Chucha a atención. . . Mírate aos ollos.. Pinta porvires sen sombras,. sen cansazo. . . Fai canto che di. . . Verán...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.