O proxecto A Vila do Mañá proseguirá en formato virtual o seu traballo de transformación urbana

18 Decembro 2020

O proxecto A Vila de Mañá, destinado a transformar os lugares nos que vivimos en sitios mellores e amigábeis coa nenez, foi presentado este xoves nos seus detalles pola Deputación da Coruña (unha das entidades que envorca esforzos en apoiar esta iniciativa, xunto con Concellos como o de Carballo, Ribeira, Ames, Rianxo, Santiago, A Pobra do Caramiñal ou Ferrol, entre outros). Ademais, este ano a iniciativa terá unha marcada vertente dixital.

Cambiar o concepto dos espazos urbanos e facelos habitábeis para as persoas, coas urxencias que impuxo a crise sanitaria, é o obxectivo renovado desta edición 2020 do proxecto A Vila do Mañá, que conta co apoio da Deputación da Coruña a través da liña de subvencións en concorrencia competitiva para proxectos singulares.

O deputado de Cultura, Xurxo Couto, a coordinadora Sandra González e a arquitecta, Luz Paz presentaron o libro A vila do mañá en tempos de pandemia na Deputación da Coruña. A obra recolle a experiencia do proxecto en Arzúa como modelo de actuación na nova normalidade e “co obxectivo de construír coas novas xeracións un futuro mellor para as persoas en vilas e cidades”.

Formato virtual

Días antes, o Concello de Carballo anunciou que “dous anos despois dunha primeira e proveitosa experiencia co proxecto A Vila do Mañá”, vaise recuperar cun formato virtual que permitirá seguir involucrando á nenez “no deseño dun Carballo do futuro no que tamén haberá que ter en conta todos os cambios que a COVID-19 está traendo ás nosas vidas”.

Segundo fixo saber a creadora da iniciativa, a arquitecta Sandra González Álvarez, para manter a esencia das actividades (antes presenciais e agora virtuais) créase unha caixiña cos materiais necesarios para realizar as diferentes accións que se lle proporán aos participantes a través dunha área privada na páxina web aviladomañá.com. Así, haberá actividades que os/as participantes deberán realizar tanto dentro coma fóra da casa, contribuíndo a converter a vila bergantiñá “nun taboleiro semellante ao do xogo da oca, pero conformado por aqueles elementos arquitectónicos, urbanísticos, paisaxísticos e culturais que configuran a vila”.

Outros artigos

A Pobra foi este mércores unha proclama contra as violencias machistas

Con motivo do 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, os xardíns Valle-Inclán acolleron na tarde deste mércores unha concentración para manifestar o rexeitamento a todas as formas de violencia machista e expresar o apoio e a solidariedade coas vítimas. O...

+

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

Cuenta Eduardo Infante en su libro Filosofía en la calle que, mientras explicaba un díala metafísica de Aristóteles en el instituto, advirtió que los alumnos tomaban notas ensus cuadernos. Pero al fondo de la clase estaba una chica sentada junto a una ventanaque no...