O Premio á Mellor Iniciativa Empresarial da Deputación tamén distinguirá o labor das asociacións

28 Decembro 2020

Esta semana e a vindeira (até o 8 de xaneiro) manterase aberto o prazo de presentación de candidaturas para a cuarta edición do Premio Provincial á Mellor Iniciativa Empresarial (PEL-EPR PREMIO), un galardón incluído entre os incentivos á calidade e á innovación da idea empresarial do Plan de Emprego Local (PEL) da Deputación da Coruña. Con el, preténdese recoñecer, mostrar e promover “o valioso traballo realizado polas pequenas e medianas empresas, microempresas, autónomos/as, concellos e asociacións empresariais da provincia da Coruña”, así como amosar o seu apoio nesta situación excepcional que estamos a vivir.

Concederanse un total de cinco galardóns por un importe total de 75.000 euros outorgándose 15.000 euros a cada categoría.

Por certo que dentro das cinco modalidades que conforman estes premios inclúese unha destinada ás asociacións, agrupacións e federacións de empresarios/as da provincia da Coruña. Con este galardón de 15.000 euros preténdese recoñecer e promocionar o traballo realizado polas asociacións empresariais que impulsan a iniciativa empresarial e o emprendemento, promoven a xeración de emprego de calidade e, en definitiva, contribúen á fixación da poboación.

A participación só poderá realizarse mediante a presentación telemática da memoria de candidatura e dos estatutos da asociación a través da plataforma Subtel.

O prazo de presentación de candidaturas ficará aberto ata o 8 de xaneiro de 2021 ás 14.00 horas.

Podemos consultar as bases e a convocatoria publicadas no BOP tanto en Subtel como na páxina web dos Premios PEL.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 277,  na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A esperanza” – José Manuel Pena

“A esperanza” – José Manuel Pena

O sentimento de culpa, o fracaso, a angustia vital, o endémico e enfermizo pesimismo fan efecto sobre moitos cidadáns e familias coas que a dramática crise económica, social e de valores séguese cebando, de maneira insospeitada e que a maioría dos nosos políticos e...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.