O Concello do Son quere que as persoas con mobilidade reducida poidan acceder á contorna do Castro de Baroña

03 Decembro 2020

O Concello de Porto do Son quere estender o compromiso pola accesibilidade do que vai facer gala no seu proxecto de reforma portuaria, ou en iniciativas de acondicionamento como a levada a cabo no núcleo de Outeiro, ao que sen dúbida é un dos grandes destinos turísticos do municipio e da comarca: o Castro de Baroña. Segundo fixo saber o Concello, estase a preparar o terreo para unha iniciativa que permita a visita ao enclave castrexo a todo tipo de colectivos de persoas con mobilidade reducida, unha iniciativa que tería o apoio da Xunta e que se presenta como un complemento para a posta en valor co complexo e a súa conservación.

O primeiro treito do proxecto de accesibilidade consistiría en facer un vieiro inclusivo e libre de obstáculos até o primeiro miradoiro do castro, cousa para a que sería preciso realizar unha expropiación de terreos. De xeito paralelo quérese avanzar na protección do poboado e a súa contorna, prexudicado estes últimos anos non só polos factores climáticos e naturais, senón tamén (e sobre todo) pola acción humana, xa que, como lembrou o alcalde Luis Oujo, é un tesouro histórico que ten máis de 100.000 visitas ao ano. Con este fin de mellorar a protección e avanzar na súa conservación, o Concello pediu a colaboración da Consellería de Cultura, xa que se trata dun traballo de “mantemento obrigatorio” que economicamente, a Administración local non ten capacidade para asumir.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Lalín e Álvaro Cunqueiro, saber e sabor”. Alberto Barciela

“Lalín e Álvaro Cunqueiro, saber e sabor”. Alberto Barciela

Lalín ten o premio de Gastronomía máis prestixioso de España, que leva o nome de Álvaro Cunqueiro (1911-1981), escritor, xornalista e gastrónomo mindoniense. O realismo dunha terra de paisaxes que semellan un tapiz multicolor, onde a xeografía se admira sobre un lenzo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.