A fachada marítima de Porto do Son será unha contorna accesíbel para todos os colectivos

02 Novembro 2020

A fachada marítima de Porto do Son, en cuxa materialización está a traballar actualmente o Concello, será unha contorna máis humanizada, máis peonil, máis segura, máis accesíbel e máis próxima ao mar para veciños e visitantes: para todos os veciños e visitantes sen excepción nin exclusións. Segundo puidemos saber, o Concello vai contar coa colaboración da confederación galega COGAMI, entidade de persoas con diversidades funcionais presidida polo sonense Anxo Queiruga, para verificar que os traballos e as infraestruturas resultantes despexan definitivamente de atrancos a contorna do porto.

O sonense Anxo Queiruga, presidente de COGAMI

A decisión acordouse venres 30 de outubro nunha xuntanza que contou coa presenza alcalde Luis Oujo, a tenente de alcalde, María Maneiro e o presidente de COGAMI, Anxo Queiruga. Segundo fixo saber o rexedor, era precisa a concorrencia no proxecto dunha entidade como COGAMI con tan longa experiencia en materia de accesibilidade e inclusión, toda vez que a nova fachada ao mar de Porto do Son contará cun borde portuario de plataforma única e prioridade peonil que, por forza, debe ser un espazo ceibe de obstáculos e axeitadamente acondicionado.

As obras, que comezaron recentemente co inicio do outono, teñen un prazo de execución de dezaoito meses e inclúe a materialización dunha calzada de plataforma única ao longo de toda a avenida de Galicia, de máis de medio quilómetro de lonxitude, até o inicio do espigón. Este novo trazado supón un afastamento do tráfico con respecto das vivendas da fachada marítima. Amais, intervirase o firme de boa parte das rúas que teñen saída ao malecón, que contarán con pavimento de pedra até o mar, cruzándose perpendicularmente coa avenida de Galicia con treitos para peóns. A abundancia de elementos humanizados e a necesidade de establecer as mellores conexións posíbeis motivou o interese do Concello por contar coa supervisión de COGAMI.

O proxecto vén cun orzamento de preto de 5 millóns de euros. Abrangue unha superficie de case 26.000 metros cadrados e inclúe a habilitación de miradoiros, zonas con árbores e prazas de estacionamento, entre outros moitos elementos.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.