O Concello de Pobra reforza cunha logopedista o Centro de Atención Integral á Discapacidade

02 Decembro 2020

O Concello de Pobra anunciou a contratación dunha logopedista, co fin de mellorar e revestir o Servizo de Atención Temperá do Centro de Atención Integral á Discapacidade, no que xa traballaban dous logopedistas máis, unha pedagoga, unha psicóloga e unha animadora sociocultural.

A nova logopedista deberá realizar as funcións que ateñan ós problemas da voz, da fala, da linguaxe e da comunicación, así como as dificultades auditivas e orais de nenos e nenas entre 0 e 6 anos. Tamén proporcionará axuda e apoio as familias destes cativos. Desta forma, as traballadoras do centro poderán atender a un total de 127 menores este ano.

A decisión desta contratación vén dada pola “alta demande existente e obxectivo de fomentar as prestacións para a cidadanía”. Así o informan dende a Área de Servizos Sociais de Pobra. Do mesmo xeito, a edil Amparo Cerecedo sinala que “este servizo é prioritario para atender neste momento a demanda e chegar á poboación”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...