O Concello de Boiro convoca selección para unha praza de axente prospector e outra de orientador laboral

09 Decembro 2020

O Concello de Boiro abre un proceso selectivo para dúas prazas do Programa de Emprego 2020–2021. Unha delas será para un axente prospector, mentres que outra adxudicarase a un orientador laboral.

O Boletín Oficial Provincial publicou este mércores as bases da contratación. O sistema de acceso será por concurso libre. A contratación partirá dun contrato laboral temporal e as persoas que queiran optar ó posto deberán cumprir uns requisitos específicos. Os candidatos ao posto de prospector/a deberán estar, como mínimo, en posesión dunha titulación de Formación Profesional de Grao Medio, de permiso de conducir e de vehículo propio. Do mesmo xeito, para o posto de orientador/a laboral, é necesario ter un título universitario oficial de grao, licenciatura, enxeñaría, arquitectura ou equivalente.

As solicitudes deberán presentarse de maneira presencial no Rexistro Xeral do Concello ou a través da sede electrónica do mesmo. O prazo de entrega estará aberto dende mañá ata o mércores da seguinte semana, 16 de decembro. As bases dos dous procesos selectivos, temarios e instancias, estarán a disposición das persoas interesadas na web do Concello de Boiro, www.boiro.gal.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.