O CEIDA levou a estudantes galegos ao Parque Natural de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán

17 Decembro 2020

O Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA), con sede principal no Castelo de Santa Cruz (Oleiros), puxo en marcha un programa de educación ambiental para dar a coñecer os valores naturais e sociais dos espazos naturais da provincia da Coruña. Entre esas zonas, estiveron presentes o Parque Natural de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán.

A iniciativa deseñouse co fin de achegar a natureza á comunidade educativa, a través de tres espazos da provincia: o Parque Natural Fragas do Eume, o Parque Natural de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán, e a Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. As actividades, dirixidas ao alumnado do último ciclo de educación primaria e secundaria, dividíronse en dúas sesións: unha primeira na aula, para coñecer o espazo e seus problemas; e a segunda sesión que incluíu a saída ao espazo correspondente.

Ademais, os espazos protexidos teñen unha gran capacidade a nivel de aprendizaxe e transmisión de actitudes ambientais e de valor polo propio. É así que durante o 2020, participaron nas actividades de educación ambiental promovidas polo CEIDA un total de 10.435 alumnas e alumnos de todos os niveis educativos de Galicia.

Outros artigos

Este domingo 12 celébrase a XII Carreira pola Diversidade de Ambar

Este domingo 12 de xullo, terá lugar a celebración da Carreira pola Diversidade dende as 10h na explanada de Coroso (Ribeira), tras o aprazamento da data inicial no mes de maio. A gran novidade desta edición é o enfoque cara a unha "experiencia transformadora". Ambar...

+

Julián Bustelo e Ana Vidal visitan a rapazada do Concilia Verán 2026

O alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, e a concelleira de Xuventude, Ana Vidal, visitaron esta semana aos nenos e nenas participantes no programa Concilia Verán 2026: unha completa axenda de actividades para favorecer no concello a harmonía entre o tempo de lecer da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.