O cargueiro nuclear ruso Sevmorput avariado, navegará a semana próxima fronte ás costas de Galicia rumbo a San Petersburgo

14 Decembro 2020

Antón Luaces

Un dos poucos buques mercantes do mundo propulsados por carga nuclear, o ruso Sevmorput, navega hoxe en augas entre Marrocos e as Illas Canarias e farao a principios da semana próxima fronte ás costas de Galicia na súa viaxe de regreso a San Petersburgo, a segunda cidade da Federación Rusa, situada na desembocadura do río Neva, á que ten previsto chegar o 31 de decembro.

O cargueiro sufriu unha avaría nas pas dunha hélice cando se achaba, a mediados do mes de outubro, nas proximidades de Angola. Esta avaría, que non puideron solucionar os tripulantes do buque, fixo que este se aproximase ás costas angoleñas e de aquí, a Luanda, desprazouse a unha velocidade media de 4 a 6 nós despois de que mecánicos rusos trasladados desde San Petersburgo para arranxar a avaría que afectaba o navío, solucionasen a medias o problema que lle impedía a normal navegación. O Sevmorput é un cargueiro que o mesmo pode transportar gran (ten capacidade para 4.084 m3 e seis adegas de carga) que portacontedores de 20 e 40 piés, sendo a súa capacidade neste sentido de 1.328 TEUs. A súa eslora total é de 260,3 metros, por 32,2 metros de manga e un calado de 11,8 metros e 38.226 TRB. Construído en Ucraína en 1988, o cargueiro pertence á compañía Russian Breaker, da Federación Rusa. Con pavillón ruso, o navío dispón de dobre casco nas zonas de adega. O reactor atómico que utiliza ten 150,7 quilos de uranio enriquecido que produce 215 toneladas de vapor por hora a unha temperatura de 290 graos centígrados. En caso de emerxencia, segundo os datos publicados no rexistro de buques, o cargueiro ruso pode xerar vapor mediante o uso de maquinaria diesel. As noticias ao redor deste buque da Federación Rusa e o coñecemento de que non figura en ningún rexistro do P&I levanta in inevitable receo en Galicia dado que, necesariamente, ao seu retorno a San Petersburgo ha de navegar polas proximidades do cabo “Finisterre” para dirixirse ao golfo de Finlandia, onde se acha esa cidade rusa da que partira con rumbo ao Oeste de África, aínda que oficialmente dise que navegaba con destino á Antártida. @obarbanza

Outros artigos

A Regata Rías Baixas fará escala na Pobra o vindeiro 14 de agosto

A Pobra do Caramiñal acolleu este xoves a presentación da etapa da Regata Rías Baixas, que terá como destino a vila o vindeiro venres 14 de agosto, procedente de Portonovo. Trátase dunha das citas máis destacadas do calendario náutico galego, que reunirá na localidade...

+

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

+

Poñendo en valor os nosos máis de 2.500 km de costa

A Xunta impulsa o Camiño do Litoral cunha ruta única de norte a sur Alfonso Rueda xunto a un dos sinais identificativos da ruta Galicia conta desde esta tempada estival cun novo proxecto que permitirá a veciños e visitantes desfrutar ao máximo da súa costa ao tempo...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“Menores y Marruecos” – Manuel Domínguez

Un menor debe ser entregado a su familia, lo contrario puede entenderse como secuestro, aunque sea un llamado secuestro involuntario, un estado no puede quedarse con un niño que pertenece a otro país debe ser devuelto y entregado a su familia, por otra parte no se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.