O BNG reclama máis investimentos sociais e económicos para a Barbanza

28 Decembro 2020

O Bloque Nacionalista Galego da Barbanza puxo sobre a mesa algunhas das súas emendas aos Orzamentos da Xunta de Galicia para o ano 2021. Así, os nacionalistas piden un maior número de investimentos sociais para a comarca, e tratar de darlle un impulso económica ó Barbanza para facilitar a súa mellora ante a crise actual.

Dende a sede nacionalista reclaman unha maior atención ás persoas, sobre todo as máis vulnerábeis: “Isto supón un auténtico investimento que mellora a calidade de vida e repercute no benestar xeral da poboación”. Desta maneira demandan un aumento dos investimentos sociais na súa emenda ós Orzamentos da Xunta de Galicia.

Doutra banda, o BNG propón un Plan de Continxencia, dotado de 46 millóns de euros, para garantir a atención presencial e a equidade na asistencia sanitaria co fin de “cando menos reducir as listaxes de agarda”.

Ademais, engaden outros 20 millóns de euros para aumentar o persoal de atención primaria xa que segundo o Bloque “a mais próxima aos usuarios é, precisamente, a que mais eivas segue a ter”. Os nacionalistas tamén propoñen mellorar no centro de saúde da Pobra do Caramiñal, así como unha ambulancia medicalizada na comarca, ambos por valor de 1 millón de euros.

Do mesmo xeito, o BNG da Barbanza pretende atender as demandas de recursos e servizos sociais da zona, como a proposta do proxecto dun centro residencial en Ribeira ou centro de día de Rianxo. Ademais, engaden un Plan Galego de Necesidades Específicas de Apoio Educativo, cun total de 15 millóns de euros, co fin de situar en igualdade a todas as nenas e nenos no seu proceso de aprendizaxe, así como un proxecto de construción dunha escola infantil na Pobra do Caramiñal. Tamén inclúen un Plan Reitor de Usos e Xestión do Parque Natural de Corrubedo.

Ademais de todos estes motivos, o BNG pretende unha revitalización e impulso económico da Barbanza, por iso propoñen diversas medidas de apoio para actividades relacionadas co sector do mar. Por último os nacionalistas pretenden buscar unha solución á conexión ferroviaria da Barbanza.

Outros artigos

Unha delegación de Angola visita en Ribeira a Escola Náutico-Pesqueira

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, acompañou no día de hoxe a unha delegación procedente de Angola durante a súa visita á localidade que arrancou na Escola Oficial Náutico-Pesqueira para coñecer o modelo pesqueiro galego, con especial énfase na pesca tradicional....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.